Skip to Content

SEGUNDA SESIÓN DO CURSO - COMUNICACIÓN E LINGUAXE

Esta semana tivemos a visita de Beatriz Sanjurjo Hermina, logopeda especializada no traballo con persoas con TEA que exerce o seu traballo en Aspanaes.

Ofreceunos información moi interesante e práctica acerca da Comunicación e Linguaxe no alumnado con TEA.


Algúns dos puntos que se trataron foron:

  • Os aspectos comunicativos das persoas con TEA.
  • Como debemos comunicarnos con eles/as.
  • A linguaxe receptiva.
  • A importancia de coñecer ao noso alumnado, os seus intereses e preferencias.
  • A importancia, o uso e a elaboración dos apoios visuais.
  • Os Sistemas Alternativos e/ou Aumentativos de Comunicación.

Agradecemos enormemente a Beatriz a súa intervención, comezaremos xa a poñer en práctica os seus consellos.



page | by Dr. Radut