Skip to Content

SAÍDA AO FÓRUM METROPOLITANO

Imaxe: Concello de A Coruña.

Informamos de que o 3º curso  de Ed. Primaria ten programada unha visita para o venres, día 20 de outubro de 2017, ao Fórum Metropolitano para ver unha obra de teatro. Saída: 11 horas. Preme na imaxe para descargar a circular.

EXPOSICIÓN SOBRE ARTE FRICANA NA BIBLIOTECA

Esta semana organizouse unha exposición na bilioteca do colexio, enmarcada dentro do Proxecto E ti, que pintas? África. Hai que agradecer o labor realizado tanto á coordinadora da bilioteca, como a Salvador e María, membros do Centro de Arte Atlántica. Achegaron ao colexio valiosas pezas de arte africana e explicaron de xeito formidable as características e historia de cada unha ao noso alumnado e familias. Publicamos un artigo no blog da biblioteca onde podedes ver un vídeo e consultar máis información sobre a exposición premendo aquí.

SAÍDA AO MUSEO DE BELAS ARTES

Imaxe: Wikipedia.

Informamos de que o 5º curso  de Ed. Primaria ten programada unha visita para o martes, día 24 de outubro de 2017, ao Museo de Belas Artes de A Coruña. Saída 9:30 horas.

CIRCULAR SOBRE SEGURO ACCIDENTES

Achegamos a circular enviada hoxe por parte da ANPA sobre o seguro de accidentes. Preme na imaxe para vela.

Distribuir contido


by Dr. Radut