Skip to Content

TEATRO NO COLE

A nosa noraboa ao profesor Alberto e aos seus alumnos e alumnas de 5º de primaria polo magnífico traballo realizado, xa que prepararon e representaron para todo colexio unha fermosa e divertida obra de teatro titulada "Qué me pasa, doutor?". Foi unha actuación marabillosa que fixo as ledicias de todos/as os/as asistentes. Picando na foto, vostedes tamén poden disfrutar do traballo destes estupendos e estupendas actores e actrices. 

   

 

IV FESTIVAL OPERA PRIMA DE CURTAS 2017

A nosa noraboa ao alumnado de 6º de primaria ganador do premio ao mellor guión, que  participou no IV festival Opera Prima de curtas 2017 coa obra "Ninguén sabe nada".

Moitas felicidades a todos!!! Sodes fantásticos!!!.

VOZ NATURA 2016-17

O sábado día 3 de xuño celébrase en Acea de Ama a exposición de Voz Natura na que o noso centro participa cos traballos elaborados polos nosos alumnos e alumnas ao longo do curso. Convidámolos a dar unha volta polo posto do noso colexio e disfrutar dunha tarde en familia.

PROXECTO SEMENTE 2016-17

A nosa noraboa a todos os participantes do "Proxecto semente", alumnos e alumnas, titoras e familias, gañadores do premio ao "COLEXIO MÁIS IMPICADO". Sodes marabillosos e marabillosas e fixestes un magnífico traballo.

 

 

NOTA:  Debido a metereoloxía suspendeuse esta tarde a celebración no Obelisco do Mercado do Proxecto semente, quedando posposto para o vindeiro venres 2 de xuño.

Desde o Ceip Raquel Camacho convidámolos a todos a dar unha volta polo posto do no colexio, para que vexan o merquen algúns dos magnificos traballos realizados polos nosos alumnos e alumnas de 4º de primaria, que xunto coas súas titoras e coa inestimable colaboración das familias, traballaron arreo durante todo o curso  para poder ofertarnos tantas e tan fermosas mercadorías. No seguinte enlace "Proyecto semente: Una empresa en mi escuela" poden atopar información sobre este proxecto. Unha parte do recaudado coa venda dos prductos elaborados polos nenos e nenas será doado a "Cociña económica". Asique contamos coa visita e colaboración de todos vostedes.  

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut