Skip to Content

DÍA DO LIBRO 2017

Este ano con motivo da Celebración do Día do Libro, este venres día 28  levouse a cabo unha lectura colectiva polo alumnado de 1º a 6º de educación Primaria, dunha parte do libro  "O principiño" do autor francés Antoine de Saint-Exupéry. A nosa Noraboa a todos e todas pola vosa participación.

 

 

Proxecto Muse

Este curso comezamos no Centro con un novo Proxecto  cos alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria. este Proxecto é o Proxecto MUS-E que se desenvolve no noso colexio grazas a un convenio entre a Fundación Paideia, a Fundación Yehudi Menuhin e a Consellería de Educación.  Premendo AQUÍ poden ler información sobre este proxecto, e no video que se mostra a continuación queda unha pequena mostra do Día Mus-e Celebrado este xoves día 27 no centro cos artistas de teatro e de danza no que participaron o alumnado de 3º,4º 5º e 6º de Educación Primaria. Foi un día fantástico no que disfrutamos todos dunha marabillosa experiencia.

 

 

Proxecto Semente

O noso alumnado de 4º de primaria e as súas titoras están participando este ano con moita ilusión no Proxecto Semente, sobre o que poden atopar información do seu contido e actividades que se realizan aqui.

No vídeo que se mostra a continuación poden ver o proceso de elaboración dos materiais polos alumnos e alumnas, coa inestimable axuda das súas familias, as que desde aquí lle agradecemos a súa axuda e colaboración,  e tamén da visita ao Concello para expoñer o noso Proxecto e recoller a licenza de venta.

LISTAXES PROVISIONAIS DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO PARA O CURSO 2017/18

Listaxes provisionais de alumnado admitido no Ceip Raquel Camacho para  o curso 2017/18

Educación Infantil

4º de E.I.

5º de EI

6º de E.I.

Educación Primaria

1º de E.P.

2º de ep

6º de E.P.

Listaxe provisional de alumnado non admitido para o curso 2017/18

4º de E.P.

Distribuir contido


by Dr. Radut