Skip to Content

Mercadillo solidario "Todos con Iván"

A nosa noraboa ás organizadoras do Mercadillo solidario, celebrado no centro os días 26 e 27 de maio, pola organización e polo traballo realizado, xa que foi todo un éxito; recaudáronse 1.351 euros. E sobretodo moitísimas grazas a toda á comunidade educativa, pais, nais, avós, familiares, veciños....que colaboraron nesta iniciativa.

 

Día das letras galegas

O día 18 de maio celebramos no Centro a festividade das Letras Galegas, onde participaron todos os nenos e nenas do colexio recitando poemas de Manuel María, despois fixemos un fermoso baile preparado pola profesora especialista de música, Ana, e rematamos o festexo da man dos compoñentes da AAVV Agra do Orzán, a quen agradecemos a súa dispoñibilidade e o seu bo facer, xa que coas súas pandeiretas e cancións populares fixeron as ledicias dos mais pequenos e dos maiores tamén. Moitas grazas a todos eles/elas pola súa colaboración. 

Aquí queda unha pequena mostra gráfica deste festexo.

 

 

Axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2016-17

Xúntase a Orde do 27 de abril de 2016 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17.

  • O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 23 de xuño de 2016 (este incluído).
  • Orde do 27 de abril de 2016
  • Impresos

AVALIACIÓNS INDIVIDUALIZADAS DE EDUCACIÓN PRIMARIA. CURSO 2015-16

Nos arquivos adxuntos achégase información de interese para as familias de 3º e de 6º de educación primaria.

Resolución do 18 de abril de 2016 (DOG)

Evaluación final de Educación Primaria. Información de interese para as familias

 

Distribuir contido


by Dr. Radut