Skip to Content

Saídas Xaneiro 2016

Día da Paz 2016

O venres celebramos no colexio o Día da Paz!!

Tivemos un día estupendo e celebrámolo dándonos moitas apertas!!

A palabra PAZ en diferentes idiomas foi a gran protagonista, xunto coa solta de pombas que simbolizan este día tan especial.

Aquí tendes un vídeo coas imaxes...disfrutádeo!!

 

 

 

Concurso de debuxo

Os nenos e nenas da actividade extraescolar de debuxo e pintura participaron no XVI concurso de debuxo infantil da Sociedade Coruñesa Canaricultura, obtendo un diploma todos os participantes e as gañadoras Raquel V.R. de 4º de E.P. e Lucía Z. unha copa e un canario que doaron ao Centro, Noraboa a todos!!!

 

Visita do apalpador 2015

O venres 18 de decembro coincidindo co remate das clases antes do Nadal o Apalpador decidíu baixar das montañas do Courel ata a nosa cidade, e tivemos a sorte de que pasara coa súa guitarra polo noso colexio facendo as ledicias dos máis pequenos. 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut