Skip to Content

PROGRAMA "COME RICO, VIVE SANO"

Informamos que desde o  15 ao 31 de xaneiro de 2018 o alumnado de 3º de Ed. Primaria do noso Centro participará no Proxecto “Come rico, vive sano”, que ten como obxectivo a concienciación dos escolares sobre a importancia de hábitos saudables a través dunha dieta equilibrada e a práctica de exercicio promovido por Vegalsa Eroski de cara ao fomento dunha alimentación saudable.

Con estas xornadas de alimentación e hábitos de vida saudable “Come rico, vive san”  trátase de facer chegar aos/as nenos/as a información que necesitan dunha maneira práctica e proactiva, de modo que eles/as mesmos/as participen en actividades relacionadas coa compra diaria, a preparación de alimentos e o exercicio físico, así como coñecer as propiedades dos alimentos, os seus efectos no noso organismo e as posibilidades culinarias coas que podemos enriquecer a nosa dieta dunha forma sa e divertida.

O proxecto, contará, ademais, coa participación do equipo de cociñeiros do chef, estrela Michelin, Luis Veira, do restaurante Árbore da Veira, que ofrecerá un taller de cociña onde os/as nenos/as poderán elaborar e degustar as súas propias creacións de comida saudable nunha food-truck especialmente deseñada para este evento. Actividade física, clases prácticas, charlas, obradoiros, exposición gráfica e unha excursión a un supermercado da zona son algunhas das dinámicas que levaremos a cabo durante estas xornadas.

Descarga aquí a circular.

Descarga aquí o formulario de autorización da imaxe.

EXPOSICIÓN "ALERTA, ESPECIES EXÓTICAS INVASORAS"

Imaxe: https://www.coruna.gal

Durante a semana do 15 ao 19 de xaneiro, grazas aos programas de Educación Ambiental do Concello de A Coruña, estará instalada temporalmente na biblioteca do colexio a exposición “Alerta, especies exóticas invasoras”. Polo que convidamos a todas as familias do alumnado que desexen vela a que se acheguen á biblioteca do centro desde o martes 16 ata o xoves, 18 de xaneiro.

MENÚ DE XANEIRO

VIVEIRO EXPRESS (1º TRIMESTRE 2017-18)

O Viveiro Express é a revista trimestral do noso colexio. Os rapaces e rapazas levarán un exemplar á casa en papel, mais a versión dixital contén sorpresas e contidos interactivos. Descubrídeos!

Distribuir contido


by Dr. Radut