Skip to Content

O CONCERTO DE PACO NOGUEIRAS NO COLEXIO

Álbum: Educación Primaria 2021-2022 -> Paco Nogueiras actúa para 2º

Hoxe, grazas a Normalización Lingüística do Concello da Coruña, tivemos a fortuna de presenciar en directo un gran concerto no noso patio. Paco Nogueiras actuou para o alumnado de 2º de EP (e alguén máis que, ao lonxe, tamén bailou e cantou), interpretando temazos do seu disco Radio Bule Bule.

A rapazada desde a grada da pista verde puido gozar do espectáculo abaneando as súas bandeiriñas e pancartas.

 

LOGO GAÑADOR NO CONCURSO DE IDEAS

Xa temos logo oficial do colexio!!!

Hai unhas semanas convocouse un concurso de ideas entre as rapazas e rapaces de 5º e 6º de EP. O alumnado que máis tempo leva no colexio debía imaxinar un logo que representara o noso centro. O xurado decidiu conceder o primeiro premio ao seguinte debuxo:

 

Hoxe á mañá, a directora fíxolle entrega do premio e o diploma á gañadora. Parabéns, Nerea!

Despois de realizar as pertinentes adaptacións, o logo resultante (e que vai representar ao colexio nos vindeiros anos) pódelo ver ao comezo deste artigo.

PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS AO CONSELLO ESCOLAR

 

Anímate a presentar a túa candidatura. Podes recoller o modelo na secretaría do centro e presentalo desde hoxe ata as 14 horas do día 12 de novembro.

SAMAÍN 2021

Álbum: CURSO 2021-2022 -> Disfraces de Samaín 2021

CONCURSO DE CABAZAS

Moitas grazas pola gran cantidade de cabazas que trouxestes ao colexo. Os premiados desta edición foron:

  • Daniel de 6ºA de E.I.
  • Bruno de 4ºA de E.P.
  • A cabaza elaborada na aula de 4ºB de E.I.

Aquí os tedes cos seus merecidos premios:

Premendo aquí poderás ver todas as cabazas participantes así como aos artesáns e artesanas que as elaboraron, cos seus merecidos diplomas.

Distribuir contido


by Dr. Radut