Skip to Content

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA 2022

Álbum: CURSO 2021-2022 -> Día da Paz 2022

Xa sabemos que a paz é un asunto de todos os días, sen excepción. Mais esta semana quixemos festexala igualmente malia a situación tan excepcional que nos está a tocar vivir.

Tamén podes ver como o traballou a xentiña de 4 anos na súa clase:

PREMIOS DO XEROGLÍFICO DO VIVEIRO EXPRESS

RESPOSTA CORRECTA: COLO+CA+AS (COLÓCAAS).

Pois con todos os papeis entregados que responderon correctamente a pregunta do xeroglífico, xa tivo lugar o sorteo dos premios. A man inocente de Alma de 6º de Infantil extraeu entre todos os entregados polo alumnado desa etapa o de Olivia. Parabéns!

 

Os papeis gañadores de Primaria sacounos Joyce (de 6º de EI tamén). E o primeiro afortunado cun exclusivo estoxo do colexio foi Bruno.

A segunda Martina.

A terceira Cinthia.

E a cuarta Alejandra.

RETO FAIME RIR

A ver, rapaz/a:

Como queremos que traballes menos que o xastre de Tarzán, a participación neste reto poñémola sinxela:

  1. busca coa túa familia un chiste en galego;
  2. memorízao ben e ensaia diante dun espello;
  3. e despois grávate contándoo (que ninguén che diga o contrario: ti tes graza e punto!). 

Logo, pídelle a alguén da túa familia que saiba un mínimo de tecnoloxía que envíe o vídeo a este correo antes do luns, 24 de xaneiro de 2022:

ramonparis@edu.xunta.gal

ÚLTIMA HORA: aumentamos o prazo ata mércores, 26 de xaneiro.

O vídeo non pode durar máis dun minuto. Non te veñas tan arriba! 

Un prestixioso xurado composto polos membros do EDLG terá a dura tarefa (?) de elixir os máis simpáticos. 

Haberá dous premios: un para Infantil e outro para Primaria.

Distribuir contido


by Dr. Radut