Skip to Content

RETO FAIME RIR

A ver, rapaz/a:

Como queremos que traballes menos que o xastre de Tarzán, a participación neste reto poñémola sinxela:

  1. busca coa túa familia un chiste en galego;
  2. memorízao ben e ensaia diante dun espello;
  3. e despois grávate contándoo (que ninguén che diga o contrario: ti tes graza e punto!). 

Logo, pídelle a alguén da túa familia que saiba un mínimo de tecnoloxía que envíe o vídeo a este correo antes do luns, 24 de xaneiro de 2022:

ramonparis@edu.xunta.gal

ÚLTIMA HORA: aumentamos o prazo ata mércores, 26 de xaneiro.

O vídeo non pode durar máis dun minuto. Non te veñas tan arriba! 

Un prestixioso xurado composto polos membros do EDLG terá a dura tarefa (?) de elixir os máis simpáticos. 

Haberá dous premios: un para Infantil e outro para Primaria.

VIVEIRO EXPRESS (1º TRIMESTRE 2021-22)

En alta resolución

Xa sabedes que o Viveiro Express é a revista trimestral do noso colexio. Os rapaces e rapazas levan un exemplar á casa en papel, mais a versión dixital contén sorpresas e contidos interactivos. Descúbreos!

VISITA DOS REIS MAGOS 2021

Álbum: CURSO 2021-2022 -> Visita dos Reis Magos 2021

Onte, a ANPA do colexio tróuxonos os Reis Magos. Instaláronlle, como non podía ser doutro xeito, un salón de tronos na biblioteca e os cativos e cativas foron pasando por ela. Mirade a reportaxe fotográfica premendo na imaxe. Ao longo desta fin de semana, iremos subindo as fotos.

VISITA DO APALPADOR 2021

Álbum: CURSO 2021-2022 -> Visita do Apalpador 2021

Levabamos todos estes días preparando a súa visita:

E, finalmente, hoxe alguén chamou á porta dalgunhas aulas e, ao abrila, apareceu el: o Apalpador. Recén chegado do Courel, coa súa chaqueta de pana, a súa barba roxa...

Vémonos para o ano, Apalpador!

Distribuir contido


by Dr. Radut