Skip to Content

RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

Informamos de que, segundo a Resolución do 20 de setembro de 2021 (DOG 29/09/2021), hoxe, 25 de outubro, comeza o proceso para a renovación dos membros dos Consellos escolares.

Comunícase que o vindeiro mércores, día 27 de outubro, ás 11:30 da mañá, se procederá neste centro ao sorteo público de integrantes da Xunta electoral. Recibirán comunicacións referidas a este proceso oportunamente.

+ INFO SOBRE O CONSELLO ESCOLAR

ASÍ IMOS CELEBRAR O SAMAÍN

Concurso de cabazas

Acércase o Samaín e gustaríanos manter a tradición de elaboración de cabazas. Para iso, precisamos da colaboración das familias para a confección das mesmas coas vosas fillas e fillos. O luns, 25 de outubro, traeranas ao colexio e estarán expostas na súa aula uns días. Este ano non haberá exposición conxunta. 

Os participantes levarán un diploma e tentaremos premiar a orixinalidade e a reciclaxe. Anticipamos as grazas.

Disfaces terroríficos

Informamos, así mesmo, de que o venres, 29 de outubro, o alumnado poderá vir disfrazado.

EACE

PREME E DESCARGA RECURSOS PARA O SAMAÍN.

VISITA DA ALCALDESA DA CORUÑA AO COLEXIO

 

Imaxe: Concello da Coruña.

Inés Rey, acompañada polo concelleiro de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego, Jesús Celemín, pola directora do centro, Rosa Mosteiro, pola presidenta da ANPA, Olga Gey, e polo equipo directivo, comprobou en persoa as melloras no revestimento do edificio, que inclúen tamén a substitución das fiestras.

O Concello leva investidos máis de 300.000 euros no Raquel Camacho desde o 2019, dos que 245.000 euros correspóndense cos últimos traballos levados a cabo.

Queremos agradecer á alcaldesa e mais ao concelleiro a visita ao noso colexio e o seu interese pola educación pública.

COMEZO ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Con obxecto de informarvos achega do estado actual das actividades ofertadas, enviamos un cadro resumen de cada un dos grupos, conforme ás inscricións recibidas.

De acordo aos criterios marcados, realizarase a actividade cando haxa un mínimo de 10 escolares. Con todo, co fin de favorecer novas inscricións e condicionado a poder alcanzar o número esixido, os grupos de 8 e 9 escolares comezarán igualmente a partir do 1 de outubro. En caso de non producirse novas altas o grupo causará baixa a partir de xaneiro.

 

 

IMPORTANTE: Tod@s @s nen@s entrarán e sairán por secretaría. @s nais/pais non poden entrar no centro. En secretaría os recollerán @s monitor@s.

Para a actividade de patinaxe e prepatinaxe será necesario levar os patíns e proteccións. Poden ser patíns en liña ou de patinaxe artística. Non se poden levar patíns de plástico.

As familias que desexen inscribir @s nen@s e ainda non realizasen a inscrición, deberán solicitalo no correo electrónico inscripcionesprogramaslecer@fedapascoruna.org ou nos teléfonos 649 055 939 e 698 158 503 en horario de 10 a 14 h e de 15 a 18 h.

Distribuir contido


by Dr. Radut