Información Xeral

Información para as familias

 O CENTRO PERMANECERÁ PECHADO AO PÚBLICO MENTRES DURE O ESTADO DE ALARMA

PARA INFORMACIÓN OU CONSULTAS SERÁN ATENDIDOS NOS SEGUINTES MEDIOS:

TELÉFONO:  886 15 17 18 (DE 10:00H. A 13:00H.)

EMAIL: ceip.ramon.valenzuela@edu.xunta.es

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE SOLICITUDE DE AXUDAS DA BECA DE COMEDOR ESCOLAR

 Estimadas familias.

      No DOGA  de hoxe, 30 de marzo, publícase a Orde de 27 de marzo de 2020 pola que se anuncian axudas para as familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor, (usuarios gratuítos e semigratuítos que pagan 1 euro), durante a situación de suspensión do servizo como consecuencia do COVID-19

Ø          Esas familias poderán solicitar unha axuda que será de 2,50 € para os usuarios gratuítos e 1,50 € para os que pagan 1€, por cada día lectivo que non se fixo uso do comedor, dende o 16 de marzo ata o 3 de abril, en total 14  días. Tamén cubriría, nun segundo pagamento, ata o 1 de maio en caso de prolongarse a suspensión das clases. 

            As solicitudes presentaranse por vía telemática, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, desde o martes 31 de marzo ata o luns 6 de abril, ambos os dous inclusive. Para isto é preciso dispoñer de certificado dixital ou chave 365.   

             As familias que non poidan presentar a solicitude polo medio citado anteriormente e que queiran que se lle solicite desde o Centro deberán facernos chegar ao correo electrónico do colexio ceip.ramon.valenzuela@edu.xunta.gal  ,tan pronto como lles sexa posible (data límite día 3 de abril),  os seguintes datos:

-     Nome e apelidos do pai/nai/titor/a.(Titular da conta)

-     DNI.

-     Nome  e apelidos dos fillos/fillas indicando o tipo de usuario (gratuíto ou 1€).

-     Nº conta bancaria onde quere que lle ingresen os cartos (Especificar o banco a quen pertence a conta)

 Desexando que se atopen ben de saúde, enviámoslles saúdos.

O Equipo Directivo

AMPLIACIÓN DO PERÍODO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN

Segundo as instrucións provisionais do 13 de marzo de 2020 amplíase, provisionalmente, o prazo de presentación telemática e presencial das solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

Proceso de admisión do alumnado, Curso 2020/21

O proceso de admisión do alumnado para o curso 2020/21 comezará o día 1 e remata o día 20 de Marzo. Teñen toda a información nos documentos que se adxuntan.

ADMISIÓN ALUMNADO

Listaxes definitivas admisión alumnado curso escolar: 2019/20

 

ADMISIÓN ALUMNADO

ADMISIÓN ALUMNADO

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO

ADMISIÓN CURSO: 2019/20

 

ADMISIÓN ALUMNADO

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2019/20

ADMISIÓN ALUMNADO

 

Instruccións e información nos ficheiros adxuntos

FONDO LIBROS

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO: 2018/19

· FONDO DE LIBROS: dirixido ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º EP.

· AXUDA DE LIBROS: dirixido ao alumnado de 1º e 2º EP.

· AXUDA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR: dirixido a todo o alumnado de EP.

· PRAZO PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: ata o 22 de xuño.

· PRAZO DEVOLUCIÓN LIBROS FONDO SOLIDARIO: ata o 22 de xuño.

· ENTREGA DE CHEQUES PARA LIBROS E VALES DE MATERIAL ESCOLAR: do 2 ao 6 de xullo.

· ENTREGA DE LIBROS DE TEXTO FONDO SOLIDARIO: mes de setembro.

AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA 3º EP

DATAS DA PROBA: MÉRCORES 23 DE MAIO E XOVES 24 DE MAIO DE 2018.

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO: 2018/19

ADMISIÓN ALUMNADO

Powered by Drupal - Design by artinet