Hoxe 3 de marzo tivemos a visita da Xunta Directiva da ANPA Brincadeira para entrevistalas na Radio. Que mellor que falar coas nosas mulleres nesta semana, chea de actividades, onde a muller é a protagonista.
Hoxe 3 de marzo tivemos a visita da Xunta Directiva da ANPA Brincadeira para entrevistalas na Radio. Que mellor que falar coas nosas mulleres nesta semana, chea de actividades, onde a muller é a protagonista.
Lembrade que hoxe teremos unha nova emisión en directo do programa "Parabéns na hora de comer e as novas do tempo de lecer" da man de Rosalía e Brais. Podedes escoitar os podcast en Radio Garabullo. Non volo perdades!!!!
Comeza un ano máis a xa tradicional actividade de "Lecturas para a PAZ" con IMAGINE. O alumnado de quinto foi o encargado de dar unha visión diferente deste conto/canción de John Lennon. Dende hoxe e ata o 30 de xaneiro faremos lecturas para a PAZ durante a "Hora de ler". Remataremos este ciclo de lecturas cunha obra de teatro da que xa os daremos conta. Estade moi atentos a Web, o Blog da biblio e como non a nosa Radio Garabullo para non perderse nada!!!!
O pasado 17 de decembro os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º contaron coa visita de dous membros de "Ponte... nas Ondas!! Damián e Xerardo. Foi unha xornada moi divertida e interesante onde aprendemos a importancia que ten unha boa lectura no mundo da Radio, experimentamos co Audacity para retocar pequenos erros nos nosos podcast e rematamos facendo un pequeno programa de radio en directo (sen retoques e coa creatividade do momento)
Se premedes na imaxe poderedes vivir algúns momento dunha xornada inesquecible!!
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
28 | 29 | 30 | 31 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |