CHARLA PARA AS FAMILIAS
O Centro de Formación e Recursos de Pontevedra en colaboración coa dirección do CEIP Ramón de Valenzuela, co obxectivo de mellorar o acompañento no proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado, ofrécelles a posibilidade ás familias de participar nunha videoconferencia, cunha duración aproximada de hora e media, para o coñecemento das ferramentas tecnolóxicas educativas a súa disposición, na que se tratarán as seguintes temáticas:comunicación a través de abalarMóbil, emprego das plataformas de videoconferencia (Webex e Falemos) e acceso aos contidos educativos a través da aula virtual do centro.
A data e o horario están aínda por determinar. Para unha mellor organización desta iniciativa necesitamos coñecer a demanda da mesma, polo que rogamos nos comuniquen se estarían interesados en asistir á videoconferencia poñéndose en contacto no E-mail do centro:
ceip.ramon.valenzuela@edu.xunta.gal