O curso está chegando á súa etapa final. E para elo, moitxs dos vosxs compañeirxs e familiares, quérenvos enviar varias mensaxes a través da música...
O curso está chegando á súa etapa final. E para elo, moitxs dos vosxs compañeirxs e familiares, quérenvos enviar varias mensaxes a través da música...
Aquí vos presento aos artistas do Bandeiravisión. Arriba esa MÚSICA!!!
Sabela ensínanos a facer iogures naturais...Mirade que ricos!!!
Feiraco Lácteos S.L., coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca, con motivo das Letras Galegas 2020, a primeira edición do Certame Infantil de Artes Plásticas 2020.
Os pais, nais ou titores legais de nenos e nenas que teñan entre 3 e 12 anos poderán presentar, fotografada ou escaneada, unha obra realizada polo menor en que este reflicta o valor da lingua e literatura galegas.
Haberá dúas categorías:
O gañador ou gañadora de cada categoría recibirá unha xornada en familia no parque Marcelle Natureza, un patinete, un lote de libros e outro de produtos Feiraco.
Nesta semana, rematamos co Día das Letras Galegas. Por este motivo, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, xunto ao equipo da Biblioteca, convídavos a disfrutar dunha serie de recursos divertidos en torno ao escritor homenaxeado deste ano.
Xa veredes como aprendedes moito do gran Ricardo Carvalho Calero.
O CENTRO PERMANECERÁ PECHADO AO PÚBLICO MENTRES DURE O ESTADO DE ALARMA
PARA INFORMACIÓN OU CONSULTAS SERÁN ATENDIDOS NOS SEGUINTES MEDIOS:
TELÉFONO: 886 15 17 18 (DE 10:00H. A 13:00H.)
EMAIL: ceip.ramon.valenzuela@edu.xunta.es
Na nosa web, poderás acceder e descargar os contidos e tarefas facilitados por cada un dos mestres do noso Centro.
COMO ACCEDER A INFORMACIÓN
Na marxe dereita da nosa web preme no a partado Así traballamos
Preme no curso ou na especialidade para acceder a toda información
Ou accede o material complementario que se oferta dende o Departamento de orientación
Infórmase de que o CONCELLO DE SILLEDA ten en marcha o servizo GRATUÍTO de IMPRESIÓN DAS TAREFAS ESCOLARES en coordinación coas librarías locais. As persoas que non teñan posibilidade de acceder a Internet, nin teñan impresora, poden chamar ao 986580000 ou enviar un correo a info@silleda.gal facilitando o nome do centro de ensino, curso e dirección do alumno. Os servizos municipais farán entrega das impresións, de forma segura, aos domicilios. O horario de atención será de 9:00h a 13:00h.
Xabi explícanos como crear, nada máis e nada menos que...unha TROMPA. Animádevos a velo!
Lía García ensínanos como fai o seu pau de choiva. Atendede!
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |