CEIP Ramón de Valenzuela

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

No arquivo adxunto poden consultar toda a información relativa ás axudas para a adquisición de material escolar para o alumnado de Educación Primaria.

 

- O prazo para a recollida e canxe de vales remata o 31 de outubro.

 

LISTAXE DEFINITIVA FONDO LIBROS

 

 

LISTAXE DEFINITIVA ADXUDICACIÓN DE LIBROS DE TEXTO DO "FONDO SOLIDARIO" PARA OS CURSOS DE 3º E 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

LISTAXE PROVISIONAL DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 3º E 5º EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 

 

LISTAXE PROVISIONAL DE ADXUDICACIÓN DE LIBROS DE TEXTOS DO "FONDO DE LIBROS" PARA 3º E 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

LIBROS DE TEXTO 2015-16

Libros de Texto

Nos adxuntos podedes ver a relación de libros e materiais para o curso: 2015-16

COMEDOR ESCOLAR 2015/2016

TODOS OS ALUMNOS/AS DO CENTRO QUE SOLICITARON FACER USO DO COMEDOR ESCOLAR NO VINDEIRO CURSO 2015/2016,  DEBERÁN PRESENTAR NO COLEXIO, ANTES DO 10 DE SETEMBRO DE 2015, O IMPRESO DE AUTODECLARACIÓN DE RENDAS (ANEXO II) DEBIDAMENTE CUBERTO E ASINADO.

(Premendo na imaxe pódese acceder ao Simulador de taxas)

Comedor escolar

Nos arquivos adxuntos podedes consultar a seguinte documentación:

- DECRETO 132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da consellería con competencias en materia de educación.

- Información de como obter a renda neta per cápita familiar.

- Modalidades da unidade familiar a efectos de IRPF.

- Impreso de autodeclaración (Anexo II).

 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2015/2016

ALUMNADO DE 3º E 5º DE PRIMARIA

Nos arquivos adxuntos podedes ver a Orde que regula a convocatoria e descargar o impreso de solicitude

Banco libros de texto

 

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO 2015/2016

 

ALUMNADO DE 1º, 2º, 4º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Nos arquivos adxuntos podedes consultar a Orde pola que se convocan as axudas e descargar o impreso de solicitude

libros textos

SEMANA DA PRENSA

Estamos na Semana da Prensa!!

Estade moi atentos porque estes días.... "As Noticias Voan!!!"

 

Semana da Prensa

 

Máis información no Blog da Biblioteca.

ADMISIÓN DE ALUMNOS/AS PARA O CURSO 2015/2016

 

escola

A apertura do prazo para a solicitude de admisión de alumnos e alumnas para o curso escolar 2015-16 dará comezo o vindeiro día 2 de marzo e rematará o día 23. Este proceso de admisión está regulado polo Decreto 254/2012, do 13 de decembro e desenvolvido pola Orde do 12 marzo de 2013 (DOG do 15 de marzo de 2013). Nos arquivos adxuntos podedes ver toda a información sobre o proceso.

CAMBIAMOS DE NOME

O xoves 19 de febreiro publícase no DOG a ORDE pola que o noso centro pasa a denominarse CEIP Ramón de Valenzuela.

Powered by Drupal - Design by artinet