CEIP Ramón de Valenzuela

8M e os ESCORNABOTS

O alumnado de 5º despois de traballar na aula o 8M, decidiu facer un xogo para plasmar todo o aprendido. Achegáronse á biblioteca e empregando os recursos dos que dispoñían, decidiron facer un xogo cos ESCORNABOTS oara dar a coñecer mulleres fundamentais do noso pasado para o noso presente. Este foi o resultado (picade na imaxe):

COMETAS LITERARIAS

O pasado mércores tivemos un novo encontro de "Lectura en Familia". Unha convivencia na que colaboramos pais-nais e fillos-fillas na elaboración dunhas cometas pola Igualdade. Cometas que lanzamos e lanzaremos a voar buscando momentos de risa, igualdade, colaboración, cooperación, creatividade... coma os que vivimos o mércores da man de Andrea. Grazas a todos e todas pola vosa participación e entusiasmo.

 

SEMANA DA PRENSA

Estamos na SEMANA DA PRENSA!! Ao longo desta semana haberá distintas actividades cun xornal por medio. Polo de pronto o alumnado de 3º e 4º invitou a dous periodistas do Faro de Vigo, a Xan Salgueiro (redactor) e a Javier Lalín (fotógrafo) para facerlles unha entrevistas. Eles sacáronnos na prensa e nós fixemos unha páxina de xornal dedicada a eles. Se picades na imaxe podedes ver a nova no Faro de Vigo.

 

PLANTACIÓN DE PENSAMENTOS

O pasado 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía. Os nenos e nenas homenaxearon a nosa poetisa cun fermoso festival onde combinaron recitado de versos, bailes, cancións e incluso algunha arenga. Non podedes deixar de velo!

Tamén como xa vén sendo tradición cada aula plantou pensamentos, flor preferida de Rosalía, para decorar as fiestras da Biblioteca e o acceso a infantil.

Ciclo de charlas para familias Plan director

O Entroido en Radio Voz

Entroido 2024

Un ano máis o Entroido chega á Bandeira! Aquí chega o primeiro mandadiño da semana, de Garabullo. Estate atento/a porque  cada día vai  mandar máis cousiñas...

 

 

Reserva praza no instituto adscrito IES Plurilingüe Pintor Colmeiro Curso 2024-25

O alumnado de 6º de Educación Primaria do Ceip Ramón de Valenzuela que desexe continuar os seus estudos no centro adscrito IES Plurilingüe Pintor Colmeiro , deberá realizar a reserva de praza

Información importante

Datas: 15 de xaneiro-5 febreiro

Información completa

Manual cubrir documento

Presentación de solicitudes (acceso aplicación)

  •   Telemáticamente
    • Cubrir a solicitude , asinar e presentala  no Ceip Ramón de Valenzuela
    • Cubrir   e asinar a solicitude telemáticamente na Sede Electrónica
  •   Forma presencial
    • Cubrir a solicitude manualmente e presentar asinada  no  Ceip Ramón de Valenzuela.

 

Descarga de documentos

Consulta da listaxe de alumnado admitido

  • 22 de febreiro no taboleiro de anuncios do CEIP Ramón de Valenzuela ou na aplicación  admisiónalumnado

FESTIVAL DE NADAL 2023

Gustouvos o Festival? Temos uns nenos e nenas que son uns artistas! Sabemos que non estivemos todos e todas os que queríamos estar, e... por iso, deixamos aquí os vídeos do festival para que os podades gozar coa familia ao completo. FELIZ NADAL A TODOS E TODAS!! 

APERTURA DO FESTIVAL con 5º e 6º: "All I want for Christmas is you" 

  

INFANTIL: Natillas de Nadal

1º de Primaria: A luz que nace en ti

2º de Primaria: " A Maxia de Nadal

 

3º de Primaria: Santa Claus is coming to town

4º de primaria: We are the world

 

4º de Primaria: Marcha turca

 

5º de primaria: Ai de min!

 

6º de Primaria: Navidad

 

Powered by Drupal - Design by artinet