NOTAS DE AQUÍ

Ola rapazada!! Que tal levades este confinamento? Hoxe, grazas a vós, o alumnado de 5º, comezamos a emisión dun novo programa de radio en Radio Garabullo: Notas de Aquí. Será dedicado á música galega. En cada podcast iremos coñecendo bandas e grupos galegos, sabendo algo da súa historia ou curiosidades e escoitaremos algúns dos temas que se fixeron máis famosos.

Non deixedes de estar en contacto con nós a través de radiogarabullo@gmail.com para participar no programa coma locutores.

Hoxe comezamos con Notas de Aquí 1 e unhas locutoras marabillosas.

 

Powered by Drupal - Design by artinet