Tarefas 3º Primaria do 27 ao 30 de Abril

Boas! Esta semana imos comezar vendo un videoclip dunha banda formada por mulleres que estivemos vendo na exposición das “Nosas Rosalías” da entrada do colexio.

 

 

En segundo lugar, imos completar un formulario online con preguntas sobre o mesmo.

 

https://forms.gle/5foNLCJsHkir23AKA (formulario)

 

O/A que non teña opción a facelo na web, que me envíe unha mensaxe para enviarllo en pdf.

 

Este formulario SÓ O PODEDES FACER UNHA VEZ. Asi que repasade ben as preguntas e tomade o tempo que precisedes, antes de enviarmo.

 

Finalmente, deixovos un xogo onde poderedes movervos ao ritmo da boneca que sae nel. Tede en conta que fai saltos, camiña, agáchase, levanta os brazos...

Xa me contaredes se rematades suando ou non! Ánimo!

 

 

Email: blancarepresas@edu.xunta.es

Powered by Drupal - Design by artinet