Tarefas 6º Primaria do 20 ao 24 de Abril

Boas! Esta semana, aproveitando que o Día do Libro é o 23 de abril, imos facer actividades relacionadas coa música e a literatura.

Cabe destacar que a música é parte fundamental das historias teatralizadas, dende épocas do cine mudo. E existen composicións musicais que non precisan ser vistas ou lidas, senón que contan historias nas que toma importancia a imaxinación e a escoita activa.

Este é o caso dos poemas sinfónicos ou a música programática (música descriptiva) en exemplos coma “O río Moldava” de Smetana ou os “Esbozos Sinfónicos” de Debussy.

Para comezar, imos ver/escoitar o conto de “Pedro e o Lobo” de Prokofiev na versión creada por Walt Disney.

Estade moi atentxs porque despois teremos que cubrir un formulario cunha serie de preguntas sobre o mesmo.

 

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdX9dopfRJgM2ci8GO2PpjrwCCgxz4hWNOVlRoaN1GymHfUlw/viewform?usp=sf_link (formulario)

 

Finalmente deixovos un xogo interactivo onde tedes que descubrir as letras que faltan para completar o nome das agrupacións instrumentais e os tipos de voces.

 

 

Ánimo e disfrutade da MÚSICA!

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet