Boas! Esta semana, aproveitando que o Día do Libro é o 23 de abril, imos facer actividades relacionadas coa música e a literatura.
Cabe destacar que a música é parte fundamental das historias teatralizadas, dende épocas do cine mudo. E existen composicións musicais que non precisan ser vistas ou lidas, senón que contan historias nas que toma importancia a imaxinación e a escoita activa.
Este é o caso dos poemas sinfónicos ou a música programática (música descriptiva) en exemplos coma “O río Moldava” de Smetana ou os “Esbozos Sinfónicos” de Debussy.
Para comezar, imos ver/escoitar o conto de “Pedro e o Lobo” de Prokofiev na versión creada por Walt Disney.
Estade moi atentxs porque despois teremos que cubrir un formulario cunha serie de preguntas sobre o mesmo.
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdX9dopfRJgM2ci8GO2PpjrwCCgxz4hWNOVlRoaN1GymHfUlw/viewform?usp=sf_link (Formulario)
Finalmente, deixovos unha actividade interactiva onde podedes seguir unha historia dun musicograma a partires do “Reloxo Sincopado” de Leroy Anderson.
Tede en conta que teredes que completar a orde do transcurso da peza pinchando o botón dereito e mantendo pulsado para que completedes a música sen interrupcións.
Recoméndovos que a escoitedes enteira, antes de realizar o musicograma.
Ánimo e disfrutade da MÚSICA!