Gañadores do concurso "Árbores de Nadal" do Centro comercial Pontiñas.

Hoxe estamos de noraboa!!

O noso centro foi premiado co primeiro galardón no concurso de Árbores de Nadal organizado polo Centro Comercial de Ocio Gadis. A pasada noite deuse a coñecer o número de votos recibidos por cada un dos participantes durante o periodo do Nadal, a través das redes sociais ou das papeletas introducidas no propio centro comercial. Acadando o colexio CEIP Ramón de Valenzuela nada menos que 1244 votos !!!!

 

 

 

Dende o colexio queremos dar as grazas a toda comunidade educativa, pais, nais e ANPA que puxeron  o seu granito de area votando e difundindo a nosa árbore a quen os quería oir!!

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet