Xornada Campo a Través Terra do Deza

O Recinto Feiral Semana Verde, foi o escenario da Fase Zonal Terra do Deza de Campo a Través en idade escolar, na que participaron cerca de 800 alumnos de Rodeiro, Agolada, Lalín, Silleda, Vila de Cruces e Dozón. A proba organizada pola Agrupación Deportiva Escolar O Pino contou ca presenza de todos os colexios da zona, no que se encontraban os alumnos e alumnas de segundo a sexto do noso colexio. O cross comenzou ás 10:30 e a entrega de medallas tivo lugar pasado o mediodía. Todos os participantes foron agasallados con bizcocho e chocolate pola organización, nunha xornada rodeada de gran ambiente e deportividade!!

(Na imaxe pódedes ver a Uxía, Luam, Jaime, Reina Esther e Alba que foron os gañadores do noso cole)

Powered by Drupal - Design by artinet