Día internacional das persoas con discapacidade

Hoxe martes 3 de decembro é o "Día Internacional das Persoas con Discapacidade" e como todos os anos queremos mostrar o noso apoio a todas aquelas persoas que sintan que non son capaces, que pensen que o mundo está cheo de barreiras e que non atopan cabida na nosa sociedade.

NON ESTADES SÓS/AS!!!

(Mural feito polos nenos e nenas de 6º de primaria para conmemorar este día)

A comunidade educativa do CEIP Ramón de Valenzuela súmase a iniciativa de Lalín Diverso e todos xuntos alzamos as mans laranxas para loitar pola igualdade, pola tolerancia, a cooperación, a inclusión e sobre todo a DIVERSIDADE!!!

Powered by Drupal - Design by artinet