A paixase Lendaria e a toponimia do Concello de Silleda

Fai cinco anos, o alumnado do IES Pintor Colmeiro percorreu todos os recunchos do Concello de Silleda na procura dos nomes de cada regato, predio, outeiro ou penedo que tivese unha lenda ou acontecemento histórico asociado. Este inmenso traballo foi merecedor do premio ao  IX Proxecto Didáctico Antonio Fraguas da convocatoria 2014-2015. O resultado final foi a publicación dun libro titulado A paisaxe lendaria e toponímica do Concello de Silleda, que conta cunha versión dixital dos mapas toponímicos xerados onde figuran os topónimos, as lendas, fotografías... Agora, están a achegar toda esa magna información a Galicia Nomeada.

Este traballo foi exposto o noso alumnado de terceiro ciclo de primaria esta mañá, onde puideron disfrutar de primeira mán este enorme proxecto.

O traballo A paisaxe lendaria e toponímica do Concello de Silleda comezou coa impresión dos mapas do plan de ordenación municipal do concello e a súa división en aldeas e lugares. Cada alumno dos participantes levou un anaco do terreo co fin de investigar non só a microtoponimia existente, pois unha parte importante do traballo foi recoller as lendas de tradición oral que estaban relacionadas con cada lugar. Ademais, cada topónimo tiña vinculada a información de recollida (informante, fonética...).

 

Powered by Drupal - Design by artinet