7 de Abril día mundial da saúde

O Día Mundial da Saúde xorde no 1948, cando na Primeira Asamblea Mundial da Saúde se propón celebrar esta data para conmemorar a fundación da Organización Mundial da Saúde (OMS).

Desde 1950, todos os 7 de abril celebramos esta data, a cal se centra cada ano nunha temática de saúde de relevancia para a comunidade internacional.

 

En 2020, o Día Mundial da Saúde sorprendeunos no medio do estrito encerro decretado na maioría dos países do mundo, debido á grave pandemia COVID-19.

En 2021, e con tempo para reflexionar, a Organización Mundial da Saúde fai fincapé nas desigualdades que existen e que condenan á enfermidade ás poboacións máis pobres.

O lema do Día Mundial da Saúde 2021 é: "Construír un mundo máis xusto e saudable".

Esta reivindicación é máis importante ca nunca no actual contexto que vivimos por mor da crise da COVID-19. 

Dende o CEIP Ramón de Valenzuela, unímonos á celebración desta data e reivindicamos e agradecemos a importante labor de todos e todas as profesionais que traballan pola nosa saúde e que son fundamentais para acadar o obxectivo de desenvolvemento sostible número 3 da Axenda 2030, isto é  «garantir unha vida sa e promover o benestar para todos e todas a calquera idade».

O alumnado de segundo de Educación Primaria traballou esta conmemoración coa axuda de dúas nais do alumnado deste curso, neste pequeno video podedes ver o gran traballo feito!!!

 

Powered by Drupal - Design by artinet