Lembrámosvos que o martes 22 de decembro publicaranse na aplicación AbalarMóbil as notas do 1º trimestre.
Se aínda non tes instalado no teu móbil a aplicación lee con atención toda a información:
Instalación AbalarMóbil
A aplicación gratuíta AbalarMóbil é unha ferramenta da Xunta de Galicia que lles permite ás familias consultar a información das súas fillas e fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar (por exemplo: ter coñecemento das faltas rexistradas, acceder ás cualificacións, etc). Por tanto, é moi importante que todas as familias dispoñan desta ferramenta nestes momentos nos que a comunicación debe canalizarse a través de medios telemáticos. A instalación é moi sinxela:
- Se o seu sistema é Android búsquea e descárguea desde o Play Store; e se é IOS, desde o Apple Store.
- O primeiro paso que debe realizar é o rexistro. Para iso debe introducir o seu número de teléfono móbil e premer en “Enviar”. A continuación recibirá unha mensaxe cun código que terá que introducir na pantalla correspondente e premer en “Enviar código”.
- Na seguinte pantalla solicítase un contrasinal (mínimo 8 caracteres con algunha maiúscula, algunha minúscula e algún número), que será o que utilizará para acceder á aplicación. Deberá escribilo nos dous recadros e premer en “Aceptar”.
- A continuación, aparecerá unha pantalla na que se indica que o rexistro foi completado correctamente. Para finalizar, soamente é preciso premer en “Continuar” e acceder a abalarMóbil co contrasinal elixido para poder visualizar os datos e toda a información do alumno/a.
- Se lle aparece unha mensaxe de que o seu teléfono non está asociado a un alumno/a, ou de que existe máis dun usuario con ese número, mándenos un correo a ceip.ramón.valenzuela@edu.xunta.gal. Tamén dispón de asesoramento na Unidade de Atención a Centros (Tel.: 881 99 77 01. Correo electrónico: uac@edu.xunta.es).
Máis información, cun vídeo explicativo, unha guía de uso e un apartado de “Preguntas e respostas” en https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil.