Skip to Content

Samaín e Magosto

A nosa festa celta

CELEBRAMOS O SAMAÍN

O PASADO 30 DE NOVEMBRO CELEBRAMOS O SAMAÍN NO COLE, FIXEMOS AS NOSAS CABAZAS, TOMAMOS MERENDAS TERRORÍFICAS , DISFRAZÁMONOS E PASÁMOLO DE MEDO...

 

CABAZAS, CONTOS DE MEDO E DISFRACES NO SAMAÍN

COMO TÓDOLOS ANOS, NO TEMPO DE OUTONO CELEBRAMOS O SAMAÍN. GÚSTANOS MOITO DISFRAZARNOS ASÍ QUE O 31  DE OUTUBRO COLLEMOS AS NOSAS CABAZAS, A NOSA MERENDA TERRORÍFICA E OS NOSOS DISFRACES PARA VIR ASÍ Ó COLE.

CLICA AQUÍ E VERÁS AS FOTOS DESTES DÍAS!

TAMÉN DISFRUTAMOS LENDO CONTOS DE MEDO...A ESCURAS!

                                                ENCÁNTANOS O SAMAÍN!!!

 

GOZANDO O SAMAÍN!

Rematou outubro e chegou a data do Samaín como todos os anos polo día 31. Na nosa aula aproveitamos a realizar algunha proposta relacionada coa temática:

- Como xa comentamos na semana pasada, inventamos e creamos a nosa personaxe de medo, que lle chamamos SALTARÍN, despois dun traballo de grupo; de propostas, de acordados e debates. PresentámosvoloGuiño

                  

Aproveitamos a exteriorizar e escribir os medos de cadaquen e logo darllos á nosa personaxe para que nos axude a superalos cos seus poderes máxicosGuiño

  

- Merendas terroríficas:

O momento ben o merecía, así que preparamos a nosa merenda terrorífica que cada quen escolleu e preparou cos ingredientes desexados (queixo, pan, aceitunas, pepitas de chocolate, plátano, regaliz) entre as propostas presentadas; creatividade, goce e alimentoSorriso

 

E tamén as familias enviaron as súas ideas nas merendas das súas crianzas; viva a creatividade e imaxinación. Grazas. Exemplos:

  

- Cabazas terroríficas: grazas a todas as familias, as crianzas mostraban aos seus compis as súas cabazas caracterizadas de personaxes dos que gustan (Marshall, Minnie) ou típicos das datas (monstruos, pantasmas, bruxas, morcegos)

  

   

- Espectaculares disfraces para gozar dun día especial e terrorífico, normalizando o tema do medo

        

- En todo festexo non pode faltar a música, polo que nos xuntamos no patio para interpretar o noso "SAMAGOSTO", coa axuda instrumental de varios uqueleles e amenizado polo mestre Óscar.

   

AMBIENTANDO O SAMAÍN COA LECTURA

Nas datas do Samaín, é tamén un bo momento para sacar os libros de medo dos estantes e ambientar as lecturas con historias máis ou menos terroríficas.

Así o quixeron aproveitar un grupo de alumnado de 5ºEP, que compartiron unhas lecturas co alumnado de infantil. Repartiron as crianzas por grupos e buscaron lugares polo centro (aula, corredor, patio, biblioteca) para contarlles as historias que escolleran, incluso algúns pintaronse as caras para caracterizarse, ou fixeron títeres para motivar e buscar a atención nos máis pequen@s; foi un momento ben interesante e bonito para ambas partesSorriso

                                  

 

SAMAÍN 2022_23

Un ano máis, no centro celebramos a rachar o noso SAMAÍN!!

E na área de inglés o noso irmán anglosaxón, HALLOWEEN!!

Podes coñecer máis sobre a orixe desta festa no video desta publicación.

Como xa sabedes, debido á predicción meteorolóxica tivemos que cancelar a celebración conxunta do magosto.

Agradecer ás familias a vosa colaboración na xa habitual e espectacular exposición de cabazas. Así como noutras actividades planificadas; merendas terroríficas, "disfraces"... O mesmo en canto á implicación de todo o profesorado e do espectacular equipo de cociña que temos. Que volveron a ofrecer aos nenos/as un menú terrorífico, rico rico.

Destacar tamén a actuación intinerante polas aulas do centro da nosa "Uke-Band". Que deleitaron a todo o alumnado co noso himno oficial desta festa. O "SamaGosto".

Premendo na seguinte imaxe poderedes ir vendo un montón de momentos divertidos que viviron as vos@s pequechos!!

Aínda non están todas, pero pouco a pouco iremos achegando todas as fotos ao mesmo enlace.

Samaín 2022_23

Descubre esta nova e molona canción do Samaín""

CELEBRANDO O SAMAÍN 2022!!

REMATAMOS OUTUBRO CELEBRANDO O SAMAÍN NO NOSO COLE.

COMO TODOS OS ANOS, DISFRAZÁMONOS, FIXEMOS AS NOSAS CABAZAS,TOMAMOS MERENDAS TERRORÍFICAS E TROULEAMOS UN MONTÓN. VELAQUÍ TEDES AS FOTOS CLICANDO NA IMAXE DE GRUPO QUE TEDES ABAIXO...

FELIZ SAMAÍN!!!

O

SAMAÍN 2021_22

O venres 29 de Outubro celebramos no cole o “Samaín. Nesta festa de orixe celta despedimos o tempo da luz e a abundancia para dar paso ao longo e escuro inverno. A nosa homenaxe a esta tradición tan antiga vai estar repleta de actividades didácticas ao longo desta semana

Por suposto, non faltará (este ano si), a tradicional EXPOSICIÓN de CABAZAS!!

Os pequechos de Ed. Infantil e Primaria poderán desfrutar de moitas outras actividades durante esta semanar: Contos de medo, dramatizacións sobre a temática da festa, talleres de pintura...

E o vindeiro 12 de novembro, faremos o tradicional "Magosto", ao cal, debido ao protocolo COVID vixente, un ano máis, non poderán acudir as familias. A festa estará acompañada de diversas actividades a maiores da tradicional "castañada"!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Podedes coñecer máis   cousiñas sobre a orixe Celta desta festa aquí.

Aceso a un feixe de recursos INTERACTIVOS

Recurso 1 aquí

Recurso 2 aquí

Recurso 3 aquí (A Vendimia)

 

Unidade didáctica proposta polo Seminario Galán!!

- Propostas do Portal da Lingua Galega:

Unidade didáctica 

Actividade interactiva 

Actividade Interactiva 2

 

Ao final da festa cantaremos e tocaremos co ukelele a citada creación musical, e xa “himno Oficial”, para a celebración no Centro Educativo: “O SamaGosto”.

 

 

 

Mira este video e baila a danza da momia exípcia

 

 

"ORIXE DO SAMAÍN(VIDEO-CREACIÓNS E PROGRAMA DE RADIO ESPECIAL)

 

 

NON VOS PERDADES ESTOS DOCUMENTAIS SOBRE O LEGADO DOS CELTAS!!

Tentaremos editar unha versión reducida do recurso, pero a meirande parte do mesmo, non te desperdicio para entender a a vida dos nosos antepasados castrexos. 

 (Anterior banco de recursos eliminado pola problemática derivada da recente eliminación das páxinas e recursos creados coa ferramenta "flash player")

 

Durante a semana do Samaín, andivemos facendo diferentes actividades, algunhas máis terroríficas ca outras, para clausurar co festexo o venres 29:

- Facer un listado de personaxes e/ou elementos relacionados coa temática, que aproveitamos logo para asociar imaxe e palabra

- Visionado dun video e lectura do conto "o noso Samaín", para coñecer as raíces da festa con raíces celtas

- Creación dunha personaxe do Samaín, a nivel grupal. Isto propiciou unha recollida das propostas de cada crianza e logo facer votacións para decidir a personaxe, as partes e complementos que levaría (a actividade aínda está sen rematar)

- Decoración de cabazas coa colaboración das familias

- Elaboración de monstros personalizados 

- Composición de palabras temáticas

- Deseño de disfraces individuais sobre papel

- Rimas con palabras temáticas

- Manipulación e experimentación con bandexas sensoriais, nas que debían buscar obxectos agochados entre a salsa de tomate, a xelatina, a espuma de afeitar ou o pan raiado. Parece que o tacto da salsa de tomate non gustou a practicamente ninguén e a xelatina tampouco moito, sen embrago, a espuma foi moi gozada

- Degustación de merendas de medo, que cadaquén trouxo

- Lecturas de contos de medo como "a bruxa regañedentes", ou "corre corre cabaciña"

- Goce de música de Paco Nogueiras, Mamá cabra ou Uxía Lambona, entre outras, sobre esta temática

- Apócema do Samaín, con ingredientes terroríficos e noxentos para a ocasión, e aínda que a pinta non era nada boa, houbo quen quería provala de verdade!!

                                   

 

COS SEUS MONSTROS

                           .         

                                ...  

 

MANIPULACIÓN SENSORIAL

                                    

                                    

RIMAS

APÓCEMA

                                 

 

 

"SamaGosto". Composicións na aula!!

Velaquí, a creación musical feita co alumnado, da canción con letra propia, e xa oficial a modo de “himno” para a celebración no noso Centro Educativo, do Samáin e o Magosto: “SamaGosto”.

Velaquí vos deixamos o video oficial:

 

 

Ésta é a primeira gravación "en ambiente" feita na aula co alumnado:

 

 

descargar LETRA aquí

descargar melod PARTITURA frauta aquí

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN E O MAGOSTO

O mércores 30 de Outubro celebramos no cole o “Samaín”. Nesta festa de orixe celta despedimos o tempo da luz e a abundancia para dar paso ao longo e escuro inverno. Tamén celebraremos o magosto, e farémolo polo tanto de forma conxunta como xa é habitual en moitos coles. De ahí o nome co que vimos festexando esta data; "O SamaGosto". Nome que por certo, tamén lle da título á canción que compuxemos como "Himno desta Festividade”.

A nosa homenaxe a estas dúas tradicións tan antigas vai estar repleta de actividades didácticas ao longo destas semanas. E por suposto, na data sinalada para o festexo faremos a tradicional castañada á que están convidadas todas as familias, e que estará acompañada de xogos tradicionais e como colofón final da festa, as cancións que compartimos nesta publicación.

Os pequechos de Ed. Infantil poderán desfrutar de moitas outras actividades dende o día anterior (Contos de medo, dramatizacións sobre a temática da festa, taller de pintura...

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 Podes coñecer máis   cousiñas sobre a orixe desta festa aquí.

Aceso a un feixe de recursos INTERACTIVOS aquí ou aquí

Unidade didáctica proposta polo Seminario Galán!!

 

Ao final da festa cantaremos a citada creación musical composta na área de Ed. Musical co alumnado, e xa “himno Oficial”, para a celebración no Centro Educativo, do Samáin e o Magosto: “SamaGosto”. Tamén cantaremos unha canción en Inglés, "The Skeleton dance", fomentando deste xeito o plurilingüismo e o traballo ao respecto na área de Lingua Estranxeira (Inglés) e Ed. Plástica (seccións bilingües).

 

 

 

 

 

 

   

Distribuir contido


by Dr. Radut