CELEBRACIÓN DO SAMAÍN E O MAGOSTO
O mércores 30 de Outubro celebramos no cole o “Samaín”. Nesta festa de orixe celta despedimos o tempo da luz e a abundancia para dar paso ao longo e escuro inverno. Tamén celebraremos o magosto, e farémolo polo tanto de forma conxunta como xa é habitual en moitos coles. De ahí o nome co que vimos festexando esta data; "O SamaGosto". Nome que por certo, tamén lle da título á canción que compuxemos como "Himno desta Festividade”.
A nosa homenaxe a estas dúas tradicións tan antigas vai estar repleta de actividades didácticas ao longo destas semanas. E por suposto, na data sinalada para o festexo faremos a tradicional castañada á que están convidadas todas as familias, e que estará acompañada de xogos tradicionais e como colofón final da festa, as cancións que compartimos nesta publicación.
Os pequechos de Ed. Infantil poderán desfrutar de moitas outras actividades dende o día anterior (Contos de medo, dramatizacións sobre a temática da festa, taller de pintura...
Podes coñecer máis cousiñas sobre a orixe desta festa aquí.
Aceso a un feixe de recursos INTERACTIVOS aquí ou aquí
Unidade didáctica proposta polo Seminario Galán!!
Ao final da festa cantaremos a citada creación musical composta na área de Ed. Musical co alumnado, e xa “himno Oficial”, para a celebración no Centro Educativo, do Samáin e o Magosto: “SamaGosto”. Tamén cantaremos unha canción en Inglés, "The Skeleton dance", fomentando deste xeito o plurilingüismo e o traballo ao respecto na área de Lingua Estranxeira (Inglés) e Ed. Plástica (seccións bilingües).