SAMAÍN 2021_22
O venres 29 de Outubro celebramos no cole o “Samaín”. Nesta festa de orixe celta despedimos o tempo da luz e a abundancia para dar paso ao longo e escuro inverno. A nosa homenaxe a esta tradición tan antiga vai estar repleta de actividades didácticas ao longo desta semana.
Por suposto, non faltará (este ano si), a tradicional EXPOSICIÓN de CABAZAS!!
Os pequechos de Ed. Infantil e Primaria poderán desfrutar de moitas outras actividades durante esta semanar: Contos de medo, dramatizacións sobre a temática da festa, talleres de pintura...
E o vindeiro 12 de novembro, faremos o tradicional "Magosto", ao cal, debido ao protocolo COVID vixente, un ano máis, non poderán acudir as familias. A festa estará acompañada de diversas actividades a maiores da tradicional "castañada"!!
Podedes coñecer máis cousiñas sobre a orixe Celta desta festa aquí.
Aceso a un feixe de recursos INTERACTIVOS
Recurso 1 aquí
Recurso 2 aquí
Recurso 3 aquí (A Vendimia)
- Unidade didáctica proposta polo Seminario Galán!!
- Propostas do Portal da Lingua Galega:
Ao final da festa cantaremos e tocaremos co ukelele a citada creación musical, e xa “himno Oficial”, para a celebración no Centro Educativo: “O SamaGosto”.
Mira este video e baila a danza da momia exípcia
"ORIXE DO SAMAÍN" - (VIDEO-CREACIÓNS E PROGRAMA DE RADIO ESPECIAL)
NON VOS PERDADES ESTOS DOCUMENTAIS SOBRE O LEGADO DOS CELTAS!!
Tentaremos editar unha versión reducida do recurso, pero a meirande parte do mesmo, non te desperdicio para entender a a vida dos nosos antepasados castrexos.
(Anterior banco de recursos eliminado pola problemática derivada da recente eliminación das páxinas e recursos creados coa ferramenta "flash player")
Durante a semana do Samaín, andivemos facendo diferentes actividades, algunhas máis terroríficas ca outras, para clausurar co festexo o venres 29:
- Facer un listado de personaxes e/ou elementos relacionados coa temática, que aproveitamos logo para asociar imaxe e palabra
- Visionado dun video e lectura do conto "o noso Samaín", para coñecer as raíces da festa con raíces celtas
- Creación dunha personaxe do Samaín, a nivel grupal. Isto propiciou unha recollida das propostas de cada crianza e logo facer votacións para decidir a personaxe, as partes e complementos que levaría (a actividade aínda está sen rematar)
- Decoración de cabazas coa colaboración das familias
- Elaboración de monstros personalizados
- Composición de palabras temáticas
- Deseño de disfraces individuais sobre papel
- Rimas con palabras temáticas
- Manipulación e experimentación con bandexas sensoriais, nas que debían buscar obxectos agochados entre a salsa de tomate, a xelatina, a espuma de afeitar ou o pan raiado. Parece que o tacto da salsa de tomate non gustou a practicamente ninguén e a xelatina tampouco moito, sen embrago, a espuma foi moi gozada
- Degustación de merendas de medo, que cadaquén trouxo
- Lecturas de contos de medo como "a bruxa regañedentes", ou "corre corre cabaciña"
- Goce de música de Paco Nogueiras, Mamá cabra ou Uxía Lambona, entre outras, sobre esta temática
- Apócema do Samaín, con ingredientes terroríficos e noxentos para a ocasión, e aínda que a pinta non era nada boa, houbo quen quería provala de verdade!!
COS SEUS MONSTROS
.
...
MANIPULACIÓN SENSORIAL
RIMAS
APÓCEMA