AMBIENTANDO O SAMAÍN COA LECTURA
Nas datas do Samaín, é tamén un bo momento para sacar os libros de medo dos estantes e ambientar as lecturas con historias máis ou menos terroríficas.
Así o quixeron aproveitar un grupo de alumnado de 5ºEP, que compartiron unhas lecturas co alumnado de infantil. Repartiron as crianzas por grupos e buscaron lugares polo centro (aula, corredor, patio, biblioteca) para contarlles as historias que escolleran, incluso algúns pintaronse as caras para caracterizarse, ou fixeron títeres para motivar e buscar a atención nos máis pequen@s; foi un momento ben interesante e bonito para ambas partes