Este trimestre nas clases de plástica bilingüe o alumnado de primeiro e segundo de primaria creou uns coloridos flower vase (xarróns de flores). Ao mesmo tempo, e grazas á axuda de Isabella, a nosa auxiliar de conversa, continuamos repasando o vocabulario dos números, as cores e o material escolar. Agardamos que vos guste o resultado!
![](http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipquiroga/system/files/IMG_6683.JPEG)
![](http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipquiroga/system/files/6c4cb326-006d-4a52-a384-a7b78c98749b.jpg)