Skip to Content

Educación Física

Visita do C.V. Ribeira SACRA

O pasado venres os entrenadores Manuel López Martínez e Yoraxi Meleán Álvarez do C.V. Ribeira Sacra, viñeron ao noso cole para presentarnos o seu deporte ao alumnado de 3º a 6º de Primaria. Todo o que aprendemos, imos practicalo nos recreos deportivos.

Para ver as fotos, preme na seguinte imaxe.

Moitas grazas.

STOP VIOLENCIA

Para conmemorar o 25 de novembro, o alumnado de 4º de Primaria fixeron un Flashmob para rexeitar a violencia.

Mirade que ben bailan pinchando na imaxe

VISITA AO CASTRO DA TORRE, SECEDA E FERVENZA DA PEDREIRA

As alumnas e alumnos de terceiro e cuarto de primaria visitaron hoxe o Xeoparque Montañas de Courel, acompañados das profes María José, Belén e Lucía e de Guillermo Díaz Aira. Visitaron: o Castro da Torre, Seceda, aprenderon sobre as minas de Torubio e A Toca e por último visitaron a Fervenza da Pedreira. Sen dúbida unha xornada para non esquecer.

1ª PROBA DE CAMPO A TRAVÉS

Este domingo, 1 de decembro, algúns nenos e nenas do cole foron a proba preparatoria de campo a través no castro de Castromaior, próximo a Portomarín, dentro do programa XOGADE. Alí coñecemos a outros clubes e entidades deportivas da nosa provincia.

Aínda que foi unha proba dura, o alumnado do cole, pasouno ben e esforzouse ao máximo.

A MILLA DIARIA

Hoxe comezamos o percorrido saudable do noso cole. Cada clase realizará un circuíto adaptado ao seu nivel.

Primeiro estivemos medindo o patio, e coñecendo as distancias que cada clase podería facer. Como se trata de realizar unha milla diaria (1.609 metros) fixemos un reparto das distancias por cursos.

 

Quedou da seguinte maneira:

O alumnado de 1º de Primaria percorrerán 100 metros.

O alumnado de 2º de Primaria percorrerán 200 metros.

PLAN PROXECTA: PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO

CARREIRA SOLIDARIA 2013

O xoves 20 de xuño de 2013 celebramos no noso centro a Carreira Solidaria co fin de recadar diñeiro para a Asociación Save the Cildren. Nesta ocasión irá dirixido aos nenos de Níxer.

Para ver as fotos deste evento preme aquí

A recaudación neste curso 2012 - 2013 foi de 434,84€.

CAMPIÓNS, OE!!! CAMPIÓNS, OE!!!

SOMOS CAMPIÓNS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!


Os nenos e nenas de cuarto de Primaria do CEIP de Quiroga proclamáronse campións provinciais na categoría de benxamín mixto despois de xogar contra equipos tan importantes como o Emevé lucense na Casa do Deporte de Lugo o pasado sábado 21 de abril.


Nunha longa xira de partidos desde o mes de xaneiro  e con todos os resultados positivos o equipo foi in crescendo ata convertirse en campións provinciais grazas o seu esforzo, compromiso co deporte e a estimable colaboración e dedicación do mestre de Educación Física do noso centro, Óscar González, o seu adestrador.


Proximamente veremos fotos e videos sobre este evento e non queda máis que darlles os parabéns polos seus resultados inmellorables e animalos a que para o vindeiro curso se poida continuar participando neste programa deportivo.


Distribuir contido


by Dr. Radut