CONSELLOS PARA AS FAMILIAS DE 1º CICLO SOBRE LECTURA
O primeiro ciclo de Educación Primaria é un momento crucial para consolidar a aprendizaxe da lectura e formar hábitos lectores entre o alumnado. Neste proceso a colaboración familiar é fundamental, por iso, dende o Departamento de Orientación elaboramos unha serie de orientacións que pretenden axudar as familias nesta tarefa.