Skip to Content

Formulario de contacto

             

 

 

Secciones bilingües | Consellería de Cultura, Educación y UniversidadINNOVACIÓN EDUCATIVA

       Introducción | NOVA WEB DO CIFP SOMESO EN . http://www.cifpsomeso.edu.es

Actividades de centro

FESTA FIN DE CURSO

Tivemos a nosa festa de fin de curso. O colofón final o gran concerto dos Acevedos Delgados.

Desfrutade igual ca nós! Feliz verán  e vémonos a volta!.

FESTA NO COLE

Dado que o tempo non acompañou non puidemos facer o Pequeturonia pero  a nosa clase de Zumba e a merenda fixémola igual. Grazas a todxs pola colaboración.

Chafarricos Fin de curso

Xuntanza de 1º e 5º para a elaboración dos Chafarricos. Experiencia xenial!

 

 

Excursión 3º,4º e 5º

Despois de cancelar dúas veces por choiva as clases de 3º,4º e 5º disfrutaron da súa excursión. Visitaron o Museo da Navegación e a Carabela A Pinta en Baiona. Comeron (e se defenderon das gaivotas famentas) no parque da Palma, moi preto do Monumento Encontro Dos Dous Mundos feito por Picallo.E, por suposto,andiveron en todo columpio, tobogán e Tirolina...que alí había.

Foi un día espectacular!!!.

VISITA DE INFANTIL A PRIMARIA

ONTE CO PROGRAMA DE TRANSICIÓN , O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL DE 5 ANOS DO NOSO CENTRO, XUNTO COS FUTUROS COMPAÑEIROS DE FIGUEIRÓ, VISITARON O CENTRO, AS DIFERENTES AULAS E A DE PRIMEIRO.

O ALUMNADO DE PRIMEIRO ORGANIZAROU UNHA PRESENTACIÓN, UNHA VISITA POLAS INSTALACIÓNS E UNHAS ACTIVIDADES CONXUNTAS: COMO UNHA MERENDA E UNHA CLASE DE EDUCACIÓN FÍSICA CAZANDO POKEMONS.

FOI MARABILLOSO! GRAZAS A TODXS.

LETRAS GALEGAS 2024

 
Este ano as Letras Galegas adicáronse á poetisa, violinista e profesora Luísa Villalta. Aquí tedes o traballo de investigación que fixo todo o alumnado do cole sobre esta autora. As pesquisas resumíronse nuns carteis que repartimos polos diferentes establecementos de Goian. Ademais todos os grupos contáronlle ao resto de compañeiros e compañeiras os seus traballos coas distintas facetas da autora homenaxeada.
Gozade das súas pesquisas e da reportaxe fotográfica da pegada de carteis.
O noso desexo é que A NOSA LINGUA goce de MIL PRIMAVERAS MÁIS!!!!!!
  
 
 

Nos arquivos adxuntos atoparedes os videos das exposicións dos diferentes cursos.

COSER E CANTAR

O pasado Xoves, dentro do programa Lectura e Familias no que participa o cole, reunímonos cunha actividade moi especial. Noca e Concha, dúas costureiras goianesas, contáronnos como chegaron á costura, Lemos añaquiños de "Diario de una bordadora" de Srta Lylo, falamos, cosemos e gozamos dunha tarde marabillosa na Biblio do cole.

8M: DÍA DA MULLER

Este ano polo Día da Muller homenaxeamos a unha muller importante para o noso cole, unha traballadora e conversadora incansable: MAGDALENA MATÍAS, a primeira limpadora do centro.

 

ROSALÍA

te ano para conmemorar o día de Rosalía fixemos un concurso de fotografía : “Que é para ti Rosalía?”.

Moitas grazas a todos e todas pola vosa colaboración , tamén ao noso xurado.

 


Rosalía 2024 - Kizoa Movie Maker

DÍA DA PAZ

Este ano celebramos o día da paz realizando unha búsqueda do tesouro. Traballando en equipo, buscando as pistas...ata atopar o tesouro final. Na Procura Da Paz.


DIA DA PAZ - Kizoa Movie Maker
Distribuir contido


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.
by Dr. Radut