Skip to Content

Formulario de contacto

             

 

 

Secciones bilingües | Consellería de Cultura, Educación y UniversidadINNOVACIÓN EDUCATIVA

       Introducción | NOVA WEB DO CIFP SOMESO EN . http://www.cifpsomeso.edu.es

Actividades de centro

IMOS TROCAR

Por mor da climatoloxía queda adiada a actividade de Troco solidario para o próximo venres 21 de abril. 

 

 

Pasádevos pola praza Pintor Antonio con algúns dos alimentos mencionados e lévate os libros que máis che gusten. Esperámosvos o próximo venres 31 de marzo e 14 de abril.

 

Mulleres que fixeron historia

Para conmemorar o Día da Muller fixemos unha selección de mulleres do ámbito da saúde e o benestar. Cada aula coñeceu un pouquiño da súa biografía para posteriormente grabala en audio. Finalmente o equipo Tics realizou a montaxe do vídeo quedando unha historia acumulativa de "Mulleres que fixeron historia".  

Verbalizando a Rosalía

Para homenaxear a Rosalía de Castro entre todo o profesorado e alumnado empregamos o poema Adiós ríos, adiós fontes para crear este fermoso vídeo.

 Rosalía de Castro, la dama de la literatura gallega

 

 

Entroido

Comezamos o día rematando os últimos retoques para saír a rúa, fixemos o percorrido previsto ata voltar a escola.

 
Unha vez alí, a AFA convidou a todo o alumnado e profesorado a chocolate quente con bizcoito. Mil grazas.
 
  
 
 
 
 
  
 
 
 
Deserxarvos dende todo o equipo do CEIP Pintor Antonio Fernández que vivades e desfrutedes do Entroido ao máximo. Vémonos a volta.
 
 
 

Homenaxe ao pintor Antonio Fernández

Coincidindo co 141 aniversario do nacemento do pintor,  no colexio inauguramos a exposición "Cos ollos do pintor".  Para elo, comezamos con visitas guiadas polo alumnado de terceiro ciclo (5º e 6º de primaria) á aula-museo do pintor Antonio Fernández para así coñecer un chisco da súa vida, dos seus comezos....

Posteriormente o alumnado creou reproducións que elas e eles mesmos fixeron nas aulas dalgúns dos cadros do artista goianés. Tendo como resultado a exposición que poderedes ver na entrada do edificio de primaria.

Organizado pola Asociación Cultural Antonio Fernández, é un xeito de espertar entre o alumnado a curiosidade pola figura do autor e convertelos en futuros e futuras artistas.

Nesta inauguración acompañáronnos membros de dita asociación así como representantes do Concello. Quédavos un pequeno vídeo con algunha imaxe de todo o proceso. 

 

 
Grazas a todo o profesorado polo esforzo para facer esta exposición posible, e, en especial ao alumnado de terceiro ciclo por facernos a visita ao resto de alumnado e profesorado.

Semana de Entroido

Paz e non violencia

O pasado 30 de xaneiro conmemoramos o día escolar da Non violencia e da Paz, os rapaces e rapazas do coro quixeron agasallarnos cunha canción de Antonio Flores acompañada do son de guitarra de Andrés e a voz de Eva. 

Aquí vos queda un anaquiño da peza para que a disfrutedes tanto coma nós. Moitísimas grazas as familias colaboradoras e a todas e todos os compoñentes do core, así como as mestras de música que están a facer un gran traballo. 

 

Despois fomos a carballeira a facer voar os avións cas mensaxes de Paz.

 
 .   
 
 
 
Finalmente disfrutamos da exposición realizada polo alumnado onde se tratou de plasmar visualmente as accións conflitivas que se dan na escola ou na nosa contorna.
 
 
 
 

EMOCIÓNATE COA RADIO

EMOCIÓNATE COA RADIO é o programa de radio do proxecto Radioemociónate 2022, unha proposta cultural e educativa que nace no 90 aniversario da primeira emisión da radio en Galicia.

É unha idea de SI RADIO de Galicia e da Asociación ONDIÑAS DE RADIO E PODCAST DE GALICIA apoiado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia. 

O proxecto trouxo á escola un programa de radio profesional, con convidados de diversos eidos e grande relevancia (dende a alcaldesa municipio, a representantes de Avelaíña saúde mental e da asociación San Xerome), para que o estudantado de 5º e 6º de primaria formule as preguntas e coñeza como se desenvolven este tipo de programas dende a produción, realización e gravación.

 

Tamén forma parte do proxecto unha exposición itinerante sobre a radiodifusión, a súa historia, funcionamento, grandes voces da radio en Galicia e aparatos de radio históricos, conmemorando deste xeito a primeira emisión, que tivo lugar en 1933. 

Aquí tedes o enlace para escoitar a grabación:

https://open.spotify.com/episode/4FgJuxlpmokvJwh6HZEGMf

 Bo traballo rapaces e rapazas!

FESTA DO INVERNO

Para rematar este trimestre leváronse a cabo varias actividades ao longo da mañá onde se priorizou a mestura do alumnado de diferentes idades. Este tipo de agrupamentos sempre resultan moi favorables para todos os nenos e nenas xa que os maiores adquiren responsabilidades de coidado, atención, axuda... e os mais pequenos e pequenas encántalles estar no "cole de maiores" con alumnado de maior idade.

 A primeira actividade foron os Obradoiros de manualidades navideñas, onde os principais protagonistas foron o alumnado de 5º e 6º de educación primaria adquirindo o rol de monitores do seu obradoiro, tiveron que encargarse de dirixir e guíar aos grupos que ían recibindo no seu taller. Tivemos 4 obradoiros diferentes duplicados, deste xeito todos os grupos puideron realizar as 4 manualidades simultáneamente.

Aquí tedes un pequeno reportaxe do mesmo.

  

Despois de facer un descanso e tomar a merenda para coller forza xuntámonos todos e todas na sala de usos múltiples onde celebramos o primeiro sorteo de Nadal. Segundo ían entrando recibiron o seu boleto con un único número. Os encargados de sacar bolas do bombo foron os mais pequenos, axudados polos maiores que tiñan que ler ou cantar o número e o premio. Aquí tedes unhas pequenas evidencias dos momentos vividos.
 
 
 
 
Finalmente tivemos a presentación oficial do coro escolar formado por 60 alumnos e alumnas de primaria. Actividade organizada e dirixida polas mestras de música (Eva e Ángeles) e coa colaboración de Andrés acompañando co seu toque de guitarra. Agradecer a todas e todos os integrantes que decidiron formar parte desta aventura de xeito voluntario así como ás mestras que empregan o seu tempo de lecer para ensaiar co coro. Aquí vai a canción coa que se presentou o coro.
 
 
 
BOAS FESTAS!

SAÍDA AO ENBOXES PARK

O alumnado de Educación Infantil e 1º de Primaria saíron ao parque Enboxes de Tui, aquí tedes unha pequena reportaxe do día.

 

Distribuir contido


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.
by Dr. Radut