Skip to Content

Formulario de contacto

             

 

 

Secciones bilingües | Consellería de Cultura, Educación y UniversidadINNOVACIÓN EDUCATIVA

       Introducción | NOVA WEB DO CIFP SOMESO EN . http://www.cifpsomeso.edu.es

Actividades de centro

ROSALÍA

te ano para conmemorar o día de Rosalía fixemos un concurso de fotografía : “Que é para ti Rosalía?”.

Moitas grazas a todos e todas pola vosa colaboración , tamén ao noso xurado.

 


Rosalía 2024 - Kizoa Movie Maker

DÍA DA PAZ

Este ano celebramos o día da paz realizando unha búsqueda do tesouro. Traballando en equipo, buscando as pistas...ata atopar o tesouro final. Na Procura Da Paz.


DIA DA PAZ - Kizoa Movie Maker

Semana de Entroido

Bo día familias, dado que o entroido está a chegar, as ordes do Entruidón deberedes ollar: 

 

O venres 9 de febreiro, se o tempo acompaña, realizaremos o pasarúas a partires das 10:30h. da mañá. En caso de choiva a festa de foliada será no centro educativo únicamente para o alumnado e profesorado do centro.

 

Entroido e sombreiros loucos

Bo día familias!

 

Para este entroido (además do entruidón, que coma todos os anos faranos revolver nos caixóns para ir vestido con algo distinto cada día), disfrazarémonos este venres 9 de febreiro usando un sombreiro louco como complemento.

Iso sí, o sombreiro louco deberá estar feito con material de refugallo e cousas que teñamos por casa, nada de comprar materiais nin purpurinas.

E para explicárnolo un pouco máis en profundidade, quen mellor que este tolo personaxe?

NA PROCURA DA PAZ

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA: QUE É PARA TI ROSALÍA DE CASTRO?

Estimadas familias, con motivo da celebración do día de Rosalía de Castro, o equipo de dinamización de biblioteca do centro organizou un concurso de fotografía sobre dita autora. A continuación podedes ver as bases do concurso facendo clic na imaxe creada por Irene Silva:

Animádevos a participar!

FESTA DE INVERNO

Nesta festa de Inverno, tivemos dende Obradoiros de Nadal,a nosa primeira carreira de San Silvestre e cómo non podía ser menos a Merendola e a nosa despedida do ano. Moitas Grazas a todos e todas polo Traballo.


Festa Inverno 23 - Kizoa Movie Maker

Obradoiro Musical

Onte tivemos un obradoiro marabilloso no centro Goianés co grupo de música tradicional ArrancaXestas. Que ben bailaron os nenxs e que ben o pasaron.

 


Centro Goianés - Kizoa Movie Maker

Saída Do Coro

Onte tivemos a saida do Coro , visitamos as Residencias e a Galiña azul. Aquí tedes as nosas Actuacións, desfrutade!

 





 
 
 

NON É NON

Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o CEIP Pintor Antonio Fernández "Únese contra a violencia!"

 (Fai click na imaxe)
 
 
 
Grazas familias por colaborar coa vestimenta morada!
 
NON É NON
 
Distribuir contido


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.
by Dr. Radut