Este ano celebramos a SEMANA DAS LETRAS GALEGAS con diversos actos:
MARTES:
- · Obra de teatro representada polos alumnos do noso centro, baixo a dirección de Alfonso (do grupo Metátese)
- ·A asociación cultural FURÓNS E DONICELAS, fíxonos pasar unha tarde moi agradable cun obradoiro de música galega: descubrimos os ritmos da Muiñeira, Xota, Pasodobre e Rumba.
LUNS, MARTES E MÉRCORES: os alumnos/as de 6º e 5º leron contos aos mais pequenos. Foi divertido, os tres días á hora de ler, sentámonos en grupos pequenos nos arredores do cole mentres os nenos/as de 5º e 6º nos lían historias e contos.
XOVES:
- MONICREQUES: catro nenas de 6ºA dirixidas polo profe Suso
§ SANDRA CASTRO
§ ANDREA GÓMEZ
§ SARA GONZÁLEZ
§ CANDELA LÓPEZ
Moveron os monicreques con mestría para contarnos unha versión moi divertida de CARAPUCHIÑA VERMELLA.
- PARA REMATAR todos os cursos recitamos ou cantamos poemas de Rosalía de Castro.
(Para ver mais fotos clica nas imaxes)