Aberto o prazo para o procedemento de autodeclaración dos prezos públicos para a utilización do comedor escolar no curso 2023/24. Ver instrución
PRAZO DE PRESENTACIÓN:
As autodeclacións entregaranse na Secretaría do Centro. O prazo remata o 01/09/2023, pero é aconsellable a súa entrega antes do 11/07/2023
IMPORTANTE:
-A autodeclaración farase en base ao EXERCICIO FISCAL 2022
-Non hai que presentar a copia da Declaración da Renda, xa que esta autodeclaración é unha declaración baixo xuramento pola que se autoriza á Consellería de Educación a contrastar os de residencia e renda.
-Recorde cubrir todos os datos que se piden dos membros da unidade familiar e de asinar a declaración, deberán asinar: solicitante, cónxuxe e fillos maiores de idade.
Podedes descargar o impreso e as intrucións dende AQUÍ ou recollelo no centro.
Ata o próximo 1 de setembro, estará aberto o prazo para a admisión de persoal colaborador do comedor escolar durante o curso 2023/24.