O día 23, Día do Libro, tivemos dúas actividades superinteresantes:
- A primeira hora visitounos o escritor Toño Núñez, pasámolo tope ben con él e cos seus libros. Preguntámoslle moitas cousas sobre a súa vida e os seus contos, e a verdade é que sempre nos aclarou, con moito cariño, todo o que nos lle preguntamos. Aos de 6º xa lles dixo que os esperaba o vindeiro ano, que sorte! daralles clase de Lingua Galega e co divertido que é.... supoño que as clases tamén serán moi agradables.
Grazas Toño polo bo anaco que pasamos contigo, e sobre todo polas túas historias!!
Clicade na imaxe para ver outras fotos.
- E, coma todos os anos, os nosos compañeiros e compañeiras da Escola de Teatro, dirixidos por Afonso, estiveron actuando para nós, coma sempre rímonos moito, creo que o ano que ven tamén me vou apuntar a teatro de tanto que me gustou.
Grazas Afonso!! grazas compañeiros e compañeiras!!
Si clicades na foto veredes algo mais da preciosa actuación.