Skip to Content

Axudas curso 2021/22

 ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento ED330B)

• A quen vai dirixida?

 - Fondo solidario de libros de texto a 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria.

 - Axudas para adquirir libros de texto a 1º e 2º de educación primaria.

 - Axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria.

 • Cal é o prazo para presentar as solicitudes?

 Dende o 21 de maio ata o 22 de xuño, ambos incluídos.

 • Onde se presentan as solicitudes?

 Poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro. A solicitude será única para todos os fillos ou fillas.

Preferiblemente, por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) , a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal. Neste caso, será necesario a presentación dunha solicitude por alumno ou alumna.

• Que documentación debedes presentar para tramitar o procedemento?

 - Solicitude (Anexo I) e o Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

       Podedes descargar os documentos dende aquí ANEXO I e ANEXO II (están os dous no mesmo documento)

 - Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar. 

 -En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. 

        Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

        1º. Certificado ou volante de convivencia.

        2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

 - Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia. 

 - Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

 - Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

 - Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia. 

 - Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.   

 • Devolución dos libros de texto do curso 2020/2021.

 O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria deberá entregar os libros de texto ao titor ou titora o luns día 21 de xuño.

  • Outras datas de interese:

 -Publicación da listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas: 28 de xuño de 2021.

 -Período de reclamación: 29 e 30 de xuño de 2021.

 -Publicación da listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas: 1 de xullo de 2021.

  -Recollida dos vales para adquirir libros de textos en 1º e 2º EP e recollida de vales para adquirir material escolar ao alumnado de educación primaria: os días 7, 8 e 9 de xullo.

 

 

 



story | by Dr. Radut