Seguindo co proceso de implantación de xornada única de mañá, o vindeiro luns día 10 de febreiro, ás 12:45 horas, celebrarase no centro, o sorteo público para a elección dos membros da mesa de votación do sector das familias.
Esta mesa estará composta pola dirección do centro e dúas nais, pais ou titores legais.
Recordade que a votación será o luns 17 de febreiro.
Vota si ou vota non, pero vota. Que se note que esta escola che importa.