Skip to Content

Proxectos de vida activa e deportiva - PDC

A MILLA DIARIA

Dentro dos proxectos de vida activa e deportiva, o noso centro promove a realización da modalidade “A Milla Diaria”. O plan céntrase en realizar unha milla diaria (andando/trotando) dentro do horario lectivo, e os días que non acudan ao centro ou non se poda realizar, estender esa práctica ás casas coas familias. Así axudaremos a incrementar a actividade física diaria.

Trataremos de ver a evolución do noso alumnado desde varias perspectivas, tanto no compromiso de realizala, como na procura de mellorar no ritmo de traballo, e ir baixando o tempo en realizar a milla, pero sempre buscando o disfrute realizando a mesma. Trátase de que sexa una actividade atractiva a todos e todas, non excluinte e que nos aporte beneficios a nosa saúde.

O percorrido realízase polo recinto escolar e o campo de fútbol, tendo que dar dúas voltas grandes (vermello) e unha pequena (verde) para completar a milla (1609,34 mts).

 

percorrido milla

 

Podedes acceder á galería de fotos premendo AQUÍ

MES DO TROMPO

 Novembro. Mes do trompo: “Polo San Martiño, trompos ao camiño”

A través desta actividade, procúrase manter un dos xogos populares con máis tradición e arraigo no noso Concello, tratando así de que a práctica deste xogo perdure no tempo.

Respecto a este punto, queremos agradecerlle á Concellaa de Educación e Deportes a doazón que realizou para o alumnado do centro. Posto que, ao saber que os nenos e nenas non podían levar ao centro nada dende os seus fogares, encargouse de mercar trompose bailaretes para cada un dos alumnos/as, segundo se tratase de alumnado de E. Primaria ou do de E. Infantil. Grazas a iso, nenos e nenas puideron botalos a bailar durante o mes do San Martiño (novembro) e, sempre que quixeron, de aí en adiante.

 

Pincha sobre a imaxe para acceder ao enlace da galería.

trompo

MAGOSTO

O xoves, 19 de novembro, celebramos o Magosto no cole.

Á hora estipulada, cada aula baixou para a súa zona de patio onde degustáronse as castañas asadas, unha boliña de pan e acompañadas de auga ou leite segundo quixesen. A continuación, cada grupo burbulla puido realizar diversos xogos como o pano, o tiro á corda, os bolos, o paracaídas, o tragacastañas, o relevo de castañas en culleres, relevo do tres en raia... 

 

Se pinchades na imaxe podedes acceder ás fotos da galería.

magosto

Distribuir contido


by Dr. Radut