Skip to Content

Proxectos de vida activa e deportiva - PDC

O SAN MARTIÑO, 11-11-21

O xoves, 11 de novembro, celebrouse o San Martiño, cunha exhibición de baile de trompos, grazas á boa predisposición de varios nenos e nenas de 3º a 6º de EP (dos/as que mellor facían bailar os trompos).

Deste xeito, leváronse a cabo dúas quendas: unha de EI, 1º e 2º de EP e outra de 3º a 6º de EP, en diferntes pistas do recinto escolar. Por suposto, respectáronse as distancias pertinentes entre os grupos.

O grupo de nenos/as, representantes de 6º de EP, explicáronlles aos/ás de  EI como se denoninaba cada parte do trompo e logo envolvéronlles os cordeis e botáronos a bailar, diante do edificio administrativo. Namentres, o grupo de 4ºA e 5º de EP facía o mesmo co alumnado de 1º e 2º de EP, na pista pechada.

Logo, repetiuse a exhibición nas mesmas zonas, aínda que para o alumnado e profesorado de 3º a 6º de EP. Nesta ocasión, o alumnado de 3º, 4ºA e 6ºA de EP permaneceu diante do edificio administrativo, gardando a distancia axeitada, para atender as explicacións dos nenos/as, representantes de 4ºB EP e ver como facían bailar os seus trompos. Ao mesmo tempo, na pista pechada, o grupo máis noviño, representante de 3º EP, facía o propio para o alumnado de 4ºB, 5º e 6ºB.

Pódense ver algunhas imaxes das exhibicións premendo aquí.

 

O MAGOSTO, 5-11-21.

O venres, 5 de novembro, celebrouse o Magosto no noso centro.

Dada a situación COVID-19, que estamos a vivir, alumnado e profesorado tiveron que levar á practica as diferentes actividades por grupos burbulla.

Como vén sendo habitual, dende hai anos, realizáronse diversos xogos populares: bólos, tiro de corda, trompos, o come-castañas, carreiras de sacos, etc. Así coma outras actividades físicas, con material alternativo, coma as dos paracaídas.

Evidentemente, tamén se degustaron as tradicionais castañas asadas e se bailou ao son de gaitas e tambores (O grupo de música tradicional, no que toca a  gaita Insua, un dos nosos profes de Música, xubilado na actualidade).

Para ver algunhas imaxes desa celebración, hai que pinchar aquí.

 

A MILLA NO CEIP PLURILINGÜE DE OUTES

No PVAD (Proxecto de vida activa e deportiva) do centro seguiremos promovendo a realización da  modalidade "MILLA DIARIA". Aínda que, na súa orixe esta modalidade pensouse para levala acabo a cotío (trotando e/ou camiñando) dentro do horario lectivo e, cando non houbese colexio, que o fixesen coas súas familias, tratando así de  incrementar a súa carga de actividade física diaria.

Porén, na actualidade é imposible que cada grupo burbulla saia ao patio todos os días para realizar o percorrido, dado que as horas non chegan. Pois, os nenos/as de diferentes grupos non poden coincidir. Por suposto, seguimos tratandde animalos/as a que a realicen nos lugares nos que viven, nos que ademais hai numerosas pistas axeitadas para que o fagan.

O percorrido da milla en horario lectivo realízase, coma o curso pasado, empregando os patios do propio centro e o campo de fútbol municipal, unidos por unha porta no muro, que os separa. Trátase en total 1.609m.

Se desexades ver algunha imaxe, desta modalidade, deberedes premer aquí.

 

RECREOS ACTIVOS E DIVERTIDOS AO LONGO DO CURSO.

O recreo é o tempo de desafogo, de descanso, das rutinas escolares, iso sabémolo todos/as. Pero, ademais é un fantástico intre no que poder valorar as relacións interpersoais e considerar, se fose preciso, a mellora de da relación entre determinados alumnos/as.

Por suposto, nese intre, o alumnado pode seguir aprendendo. Aínda que, será a través do xogo e/ou de diversas actividades físicas, tanto libres, como previamente organizadas, segundo o que cadaquén escolla..., Evidentemente, ao tempo que goza con eses xogos e/ou actividades físicas, despexará a mente.

Por esa razón, citada no anterior parágrafo, os grupos burbulla e os/as mestres/as de garda rotarán polas diversas zonas do patio, para que todos/as teñan a posibilidade de ir levando á práctica diferentes actividades e/ou xogos e empregar o material, de índole moi diversa, repartido por todo o patio escolar, cada semana.

Ao premer aquí, poderedes ver algunhas composicións fotográficas, que plasman tales actividades e/ou xogos.

 

ANDAINA DO ALUMNADO DE 3º EP, COA SÚA TITORA E A MESTRA DE EF,O 22 DE SETEMBRO.

O 22 de setembro, levamos a cabo a primeira das andainas previstas no PVAD do centro. Nesta ocasión, foi o alumnado de 3º de EP o que estreou as andainas, xunto coa súa titora e a mestra de EF.

Saiuse do centro a iso das 10h, pasando por boa parte do percorrido do paseo fluvial do Tins, para logo coller cara á Ponte do Ruso. Unha vez alí, descansouse un anaquiño e aproveitouse para darlle unhas breves explicacións aos nenos/as, sobre a ponte, o cauce do río e sacar unhas fotografías. Despois, continuouse a rota de sendeirismo ata chegar ao adro da igrexa de Santo Ourente de Entíns e dalí foise para a contorna da capela de Santa María do Rial, onde o alumnado realizou xogos populares coma: o pilla-pilla, o tiro da corda, o brilé e a corda e tamén merendou. Máis tarde, a iso das 13:30 horas colleuse rumbo ao colexio, aínda que por un percorrido diferente, pois regresouse polas pistas da agra de Entíns.

A pesares, de que o día foi solleiro e para algúns dos nenos e nenas, supuxo un esforzo físico, chegando ben suados ao centro, nada máis estar no recinto escolar, preguntaron cando se volvía realizar outra andaina. Polo tanto, sobreenténdese que desfrutaron da xornada de convivencia e actividade física.

Se desexades ver as fotografías desta andaina, só debedes pinchar aquí.

 

PVDA NO CEIP PLURILINGÜE DE OUTES, CURSO 21-22.

Un ano máis, levaremos á práctica o noso PVAD (Proxecto de vida activa e deportiva) e para acadar os obxectivos, que nel propoñemos, realizaremos diversas actividades ao longo do curso: andainas, recreos activos e divertidos, xogos populares en celebracións coma o Magosto, unha carreira solidaria, sesións teórico-prácticas de RCP, actividades naúticas de kaiak e vela, etc.

Procuraremos que o maior número posible de alumnos/as participen nel de maneira activa.

EDUCACIÓN VIARIA

O día 1 de xuño, leváronse a cabo unhas sesións teóricas de Educación Viaria, a cargo dun membro da Xefatura de Tráfico da Coruña. Ditas sesións foran solicitadas, a través do Plan Director e estaban orientadas a 5º e 6º de EP. Estas nocións acompañáronse da exhibición dunha moto e dunha furgoneta de dito corpo e, aínda que, o resto do centro non tiña que ver coa actividade en si, contaron coa oportunidade de desfrutar dos vehículos. Deste xeito, por quendas, todo o alumnado e algún mestre/a achegáronse á parte de diante do edificio administrativo para atender as explicacións dos dous gardas civís, en referencia á furgoneta e/ou á moto, segundo por onde escolleran empezar e, a posteriori, puideron subir neles e activar certos mecanismos, o que fixo que quedaran marabillados/as coa experiencia e desexando repetila.

Agradecer a boa disposición dos tres membros da Garda Civil de Tráfico durante a xornada.

* Podedes acceder á galería premendo na imaxe

 

SEGURIDADE VIAL

 

XOGANDO COA AUGA E CO VENTO. COÑECE A NAVEGACIÓN A VELA E A MOTOR

A pasada semana realizáronse catro sesións de toma de contacto con actividades marítimas, co alumnado de 5º e 6º de E. Primaria, en coordinación co Club Náutico do Freixo e cos membros da Asociación “Terras de Outes”. En concreto, a actividade leva por título "Xogando coa auga e co vento. Coñece a navegación a vela e a motor” e foi unha das propostas do noso Proxecto de vida activa e deportiva-PDC, dentro da modalidade de Xogade.

A actividade realizouse en dúas mañás, a do mércores (26 de maio) co alumnado de 6ºA e 5º B e a do venres (28 de maio) co de 5ºA e 6º B e dous profesores/as en cada unha das sesións.

Os nenos e nenas, así coma o profesorado, tiveron a oportunidade de tomar contacto con catro tipos de embarcacións: o kaiak, a vela, a embarcación tradicional e a de motor, polas que foron rotando con axuda á flotación, despois de recibir unhas breves nocións teóricas e, sobre todo, de seguridade. 

Podedes acceder ás fotos da galería pinchando sobre a imaxe.

Naútica

ANDAINAS POLA CONTORNA

Neste terceiro trimestre, e enmarcado dentro do noso Proxecto de vida activa e deportiva- PDC, leváronse a cabo diferentes andainas pola contorna.

Os motivos para a súa organización foi seguir fomentando a realización de actividade física no noso alumnado, así como paralelamente, coñecer diferentes lugares do concello, á vez que se estaba en contacto coa natureza.

As zonas elixidas para as rutas foron:

-  O paseo fluvial do río Tines para 4º, 5º e 6º de EI e 1º de EP.

-  A ponte do Ruso e o monte Golfo e o paseo fluvial do Tines con 2º de EP .

-  A ponte do Ruso e a contorna da capela do Rial (ida e volta), con 3º de EP.

- O porto do Freixo e o paseo marítimo (dende o porto á praia de Broña e dalí ao Requeixo para retornar a Broña), co alumnado de 4º de EP.

- Diversos tramos das marxes do Tambre e a contorna da Central hidroeléctrica Tambre I (ida e volta), co alumnado de 5º de EP.

 

-  A contorna de Santa Lucía (ida e volta), co alumnado de 6º de EP.

 

 

* Tedes aquí os enlaces para poder acceder as fotos da galería:

4º Ed. Infantil

5º Ed. Infantil

6º Ed. Infantil A

6º Ed. Infantil B

1º Ed Primaria A

1º Ed Primaria B

2º Ed Primaria 

3º Ed Primaria 

4º Ed Primaria 

5º Ed Primaria 

6º Ed Primaria

 

 

PATIOS ACTIVO-DIVERTIDOS

Con esta proposta pretendemos que o alumando, na hora de recreo, tamén teña a opción de incrementar a actividade física diaria.

Con motivo da pandemia, e seguindo os protocolos sanitarios, o patio do centro está dividido en zonas para que cada aula teña o seu lugar e non se mesturen con outros cursos e polas que o alumnado pasa semanalmente.

En cada zona realízanse diversas propostas. Relacionadas co PDC temos planificadas: xogos populares (o brilé, o pano, as chapas, mariolas...) o rocódromo, zona de lanzamentos (aros, pelotas), zona de saltos (lonxitude, combas), zona de xogo libre con diferentes pelotas e balóns (fútbol, minibasket, rugby, sensoriais, canguro...)...

 

* Podes acceder ás fotos na galería ou pinchando sobre a imaxe.

patios activos

Distribuir contido


by Dr. Radut