Skip to Content

XOGANDO COA AUGA E CO VENTO. COÑECE A NAVEGACIÓN A VELA E A MOTOR

A pasada semana realizáronse catro sesións de toma de contacto con actividades marítimas, co alumnado de 5º e 6º de E. Primaria, en coordinación co Club Náutico do Freixo e cos membros da Asociación “Terras de Outes”. En concreto, a actividade leva por título "Xogando coa auga e co vento. Coñece a navegación a vela e a motor” e foi unha das propostas do noso Proxecto de vida activa e deportiva-PDC, dentro da modalidade de Xogade.

A actividade realizouse en dúas mañás, a do mércores (26 de maio) co alumnado de 6ºA e 5º B e a do venres (28 de maio) co de 5ºA e 6º B e dous profesores/as en cada unha das sesións.

Os nenos e nenas, así coma o profesorado, tiveron a oportunidade de tomar contacto con catro tipos de embarcacións: o kaiak, a vela, a embarcación tradicional e a de motor, polas que foron rotando con axuda á flotación, despois de recibir unhas breves nocións teóricas e, sobre todo, de seguridade. 

Podedes acceder ás fotos da galería pinchando sobre a imaxe.

Naútica



page | by Dr. Radut