Skip to Content

A MILLA DIARIA

Dentro dos proxectos de vida activa e deportiva, o noso centro promove a realización da modalidade “A Milla Diaria”. O plan céntrase en realizar unha milla diaria (andando/trotando) dentro do horario lectivo, e os días que non acudan ao centro ou non se poda realizar, estender esa práctica ás casas coas familias. Así axudaremos a incrementar a actividade física diaria.

Trataremos de ver a evolución do noso alumnado desde varias perspectivas, tanto no compromiso de realizala, como na procura de mellorar no ritmo de traballo, e ir baixando o tempo en realizar a milla, pero sempre buscando o disfrute realizando a mesma. Trátase de que sexa una actividade atractiva a todos e todas, non excluinte e que nos aporte beneficios a nosa saúde.

O percorrido realízase polo recinto escolar e o campo de fútbol, tendo que dar dúas voltas grandes (vermello) e unha pequena (verde) para completar a milla (1609,34 mts).

 

percorrido milla

 

Podedes acceder á galería de fotos premendo AQUÍ



page | by Dr. Radut