O xoves, 19 de novembro, celebramos o Magosto no cole.
Á hora estipulada, cada aula baixou para a súa zona de patio onde degustáronse as castañas asadas, unha boliña de pan e acompañadas de auga ou leite segundo quixesen. A continuación, cada grupo burbulla puido realizar diversos xogos como o pano, o tiro á corda, os bolos, o paracaídas, o tragacastañas, o relevo de castañas en culleres, relevo do tres en raia...
Se pinchades na imaxe podedes acceder ás fotos da galería.