O Día da Paz foi o 30 de xaneiro, e dende a Biblioteca tiñamos organizadas un par de lecturas moi interesantes. Pero ante a posibilidade de chuvia e para poder disfrutar mellor das lecturas, decidimos aprazar a sesión para cando viñera mellor tempo. Así foi que o pasado venres 21 de febreiro organizamos a sesión.
A primeira das lecturas foi a cargo de nenas de dous cursos diferentes. Por parte de 2º C Elsa Nagy e Claudia Díaz, e de 4ºB, foron Nerea Montero e Uxía Suárez. O conto foi "A histoira dos bonobos con lentes", onde vimos o conflicto entre os bonobos e bonobas. Unha historia sobre igualdade e coeducación. Cunhas ilustracións moi chulas.
A segunda lectura foi a cargo de nenas e nenos de 5ºC: Sabela Martínez, Jorge Juncal, Iria Varela, Ósca Loureiro e Daniel Varela. O conto era unha historia sobre ogros e intolerancia. Un relato que nos anima a estar atentos para poder preservar a liberdade. O seu título é "Cuando los ogros se quedan solos".
O rematar houbo a entrega dos marcapáxinas personalizados. Moitas grazas aos nosos lectores e agradecer tamén aos asistentes a sua asistencia. Esperamos veros na próxima.