O pasado 25 de outubro os nenos e nenas de Educación Infantil fixemos unha saída á casa de cultura de Paiosaco para disfrutar dun concerto do grupo Palitroke.
Ensináronnos moitas cancións que nos gustaron moito. Contaban historias moi divertidas e con algunha delas ata puidemos bailar.
Unha das cancións que máis nos gustou e que algunha vez aínda a escoitamos polos corredores do cole, cantada por algunha clase, é “Nicolás” que ten un retrouso moi pegadizo e que non deixamos de cantar.