Actividades do centro, Educación Física, Infantil, Primaria, Educación Musical, The English Corner
Hip-hop o Sello
Enviado por admin o Ven, 25/01/2019 - 06:35A Escola de Baile Pasos visitou o noso centro para dar unha masterclass de hip hop aos nosos alumnos.
O hip-hop é unha cultura e movemento artístico orixinado no Sur do Bronx e Harlem, na cidade de Nueva York, entre os xoves afroamericanos e hispanos durante a década de 1970. O término hip hop úsase a miúdo para referirse ao estilo musical (tamén coñecido como rap), considerase que o hip hop non soamente se reduce ao ámbito musical e polo contrario consta de catro elementos: rap (oral: recitar ou cantar), turntablism o "DJing" (auditiva ou musical), breaking (físico: baile) e graffiti (visual: pintura).
A continuación podemos ver uns vídeos do traballo realizado, moitas grazas pola visita!
Artistas CEIP O Sello
Enviado por admin o Ven, 30/11/2018 - 09:42Durante o mes de novembro o centro tivo a sorte de participar no proxecto do Concello de Vigo chamado "Vigo cidade de cor", polo que a artista Iria Prol pintou un mural precioso no noso centro, e ademais Lorena Arévalo fixo un taller de creación artístico cos maiores. Esperamos volver a formar parte deste proxecto nos vindeiros anos!!!!!!!
Visita A.D Carballal
Enviado por admin o Xov, 04/10/2018 - 08:48Como todos os anos, os adestradores do equipo A. D. Carballal visitáronnos co obxectivo de que o noso alumnado coñeza un pouco mais o seu club.
Como sempre foi un pracer e o pasamos xenial.
O sabor da aventura está no mar
Enviado por admin o Mar, 07/11/2017 - 07:41En setembro iniciamos as saídas escolares cunha visita ao Porto de Canido e ao Museo de Mar, grazas ao Plan Proxecta-Aliméntate Ben, na súa modalidade O Sabor da aventura está no Mar. No Porto de Canido viron o funcionamento da lonxa, e no Museo fixeron unha degustación dos produtos do mar. Premendo na foto podedes comprobar o ben que o pasamos.
Almorzos saudables
Enviado por Anónimo o Ven, 24/03/2017 - 16:04Esta mañá, grazas ao Concello de Vigo o alumnado de 3º, 4º e 5º de Primaria puido gozar dunha charla, baixo a temática "Almorzos Saudables". Aprenderon unha morea de cousas sobre a importancia de comezar o día cun almorzo san e completo, que favoreza o seu desenvolvemento e rendemento escolar. E para rematar, como non podía ser de outra forma, que mellor maneira de aprender que experimentalo directamente. Sen dúbida, un obradoiro moi saboroso.